Rurutu é unha das illas Austrais, localizadas na Polinesia Francesa. Está situada a 572 km ao sur de Tahití e a 210 km ao noroeste de Tubuai.
Xeografía
Toponimia Rurutu anteriormente chamábase 'Eteroa (). Máis tarde, Cook desembarcó na illa de Tubuai, onde un nativo díxolle que viña da illa veciña chamada "Rurutu."
Xeoloxía
A superficie total é de 32 km² cunha forma que recorda o continente africano. Ten unha estrutura xeolóxica sen arrecifes nin lagoa que a protexa do océano. A costa é escarpada, con moitas covas con estalactitas e estalagmitas. A altitude máxima é de 398 metros nos montes Manureva e Taatioe.
A poboación total era de 2.325 habitantes no censo de 2012. As aldeas principais son Moerai (a capital da comuna), Hauti e Avera. Desenvolveuse o turismo para observar as baleas que se achegan ata a costa. Durante o ritual Tere, celebrado en xaneiro, pódese asistir á proba da Amoraa oa'i, que consiste en levar unha pedra que pode pesar ata 150 kg. Aínda así a maioría da poboación dedícase á pesca e agricultura de subsistencia.
Historia
Historicamente tamén se nomeou Oheteroa e Hitiroa. Os traballos arqueolóxicos permitiron datar a chegada dos polinesios cara ao 900 dC. O primeiro europeo en chegar foi James Cook, en 1769. Para previr a expansión británica desde as illas Cook cara ás Austrais, Francia estableceu o seu protectorado en Rurutu en 1889, e despois foi anexada en 1900.
Notas
Ligazóns externas
Natural and cultural heritage of Rurutu on Tahiti Heritage with Google maps
Categoría:Illas da Polinesia Francesa Categoría:Illas do Pacífico