O croataEntrada croata en Digalego é unha lingua eslava meridional falada principalmente por croatas en Croacia e rexións próximas. É oficial nos países de Croacia e Bosnia e Hercegovina. É moi próximo ao serbio e os falantes dos dous idiomas enténdense e conséguense comunicar perfectamente.
Escrita e pronuncia O idioma croata escríbese co alfabeto latino, ao contrario do serbio que é escrito en alfabeto cirílico. Utilízanse dous sinais diacríticos: o acento agudo, sempre sobre a letra "c", que indica palatalización fraca, e a braquia (circunflexo invertido), sobre as sibilantes "s", "c" e "z", que indican palatalización forte. Para as demais letras, a palatalización indícase por medio da letra "j", nos dígrafos "nj" e "lj".
É importante resaltar que, diferentemente das linguas latinas en que en que os sinais diacríticos se consideran xeralmente meros modificadores de letras existentes, no caso do croata representan letras diferentes e, como tales, fan parte do alfabeto. A a B b C c Č č Ć ć D d Đ đ Dž dž E e F f G g H h I i J j K k L l Lj lj M m N n Nj nj O o P p R r S s Š š T t U u V v Z z Ž ž (i+e=ie)(r+r=ŕ)
Preséntase a seguir unha táboa co alfabeto croata e as súas respectivas pronuncias:
Alfabeto croata (Abeceda hrvatskog jezika) - Escrita e pronuncia A a B b C c Č č Ć ć D d Đ đ Dž dž E e F f "a" "b" "ts" "ch" (forte) "ch" (fraco) "d" "dx" (fraco) "dx" (forte) "e" "f" G g H h I i J j K k L l Lj lj M m N n Nj nj "g" "rr" "i" "i" semivogal "c" "l" "ll" "m" "n" "ñ" O o P p R r S s Š š T t U u V v Z z Ž ž "o" "p" "r" tremido "s" "x galego" "t" "u" "v" "z" "j"
Gramática Así como as demais linguas eslavas, o croata é un idioma declinativo, isto é, a función sintáctica das palabras é expresada por medio das desinencias das palabras. Son sete casos en total: nominativo (suxeito), xenitivo, dativo (obxecto indirecto), vocativo, instrumental (instrumento), acusativo (obxecto directo) e locativo.
Algunhas frases 400px|dereita Dobro jutro! - Bo día! Dobar dan! - Boa tarde! Dobra večer! - Boa noite! Ne govorim hrvatski! - Eu non falo croata! Koliko to košta? - Canto custa iso? Zbogom! - Adeus! Bog! - Abur! Do viđenja! - Ata a vista! Hvala lijepo! - Grazas! Nema na čemu! - De nada! Oprosti! - Desculpe!
Numerais: 1 - jedan 2 - dva 3 - tri 4 - četiri 5 - pet 6 - šest 7 - sedam 8 - osam 9 - devet 10 - deset
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en croata Ligazóns externas Learn-Croatian.com (inglés)
Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas de Austria Categoría:Linguas de Bosnia e Hercegovina Categoría:Linguas de Croacia Categoría:Linguas de Eslovenia Categoría:Linguas de Hungría Categoría:Linguas de Italia Categoría:Linguas de Serbia