miniatura|dereita|250px|Piquero de patas azuis (Sula nebouxii) Hatutu, ou tamén Hatuta´a, é unha illa das Marquesas, na Polinesia Francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 3 km ao nordés de Eiao.
Xeografía
A illa está deshabitada e consiste nunha plataforma elevada de 428 metros de altitude cunha superficie de 6,5 km².
Historia
Hatutu foi descuberta en 1791, polo norteamericano Joseph Ingraham que a chamou Hancock, nome do primeiro gobernador de Massachusetts, John Hancock. Outros nomes utilizados foron o francés Chanal e o inglés Langdon. En 1992, Hatutu foi declarado reserva natural. É un lugar utilizado polas aves mariñas para aniñar, un dos importantes é o piquero de patas azuis (Sula nebouxii).
Notas
Véxase tamén
Categoría:Illas Marquesas