miniatura|250px|A illa de Choiseul vista desde o espazo. Choiseul, nome nativo Lauru, é a illa máis grande 2.971 km² da provincia de Choiseul nas Illas Salomón.

En Choiseul vivían uns 20.000 habitantes en 1999. Polo xeral, viven en pequenas aldeas nas costas oeste e este, a capital Malevangga está no norte.

Historia Descubrimento e nome Cando o explorador español Álvaro de Mendaña e Neira, Pedro de Ortega e Pedro Sarmiento de Gamboa descubriron a illa en 1568, chamarona "San Marcos".

Foi esquecida durante 200 anos ata que o explorador francés Louis Antoine de Bougainville descubriuna de novo e chamouna Choiseul na horna do navegante francés Étienne François, duque de Choiseul.

Era colonial Igual que Buka, Bougainville (agora parte de Papúa-Nova Guinea), Illa de Santa Isabel e Illas Ontong, formou parte das Illas Salomón Alemás ata 1899, cando Alemaña cedeunas para que pasasen a formar parte das Illas Salomón Británicas, que lograron a súa independencia do Reino Unido desde xullo de 1977.

Durante a segunda guerra mundial, parte de Choiseul foi ocupada por forzas xaponesas, cuxa guarnición foi invadida pola mariña estadounidense en outubro e novembro de 1943.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Illas Salomón

Ligazóns externas Kurz-Infos mit Karte Informationen (engl.) und Bilder Ausführliche Informationen (pdf/engl.) (159 kB)

Categoría:Illas das Salomón Categoría:Illas do Pacífico