A illa de Santa Isabel (tamén coñecida como Isabel e Ysabel) é a de maior lonxitude das Illas Salomón, no Pacífico Sur, a súa extensión de 2.999 m² fai que sexa a de maior extensión da provincia de Isabel.
Localización e datos xeográficos
A illa está comprendida entre a provincia de Choiseul ao oeste, de Malaita ao leste, o océano Pacífico ao norte e o estreito de Nova Xeorxia ao sur.
O punto máis elevado da illa é o Monte Sasari de 1.220 metros de altitude. O río máis importante da illa, o Marutho nace no Sasari e desemboca ao océano en Hofi.
O centro administrativo da illa é Buala, cidade que alberga o aeroporto da illa. Outro centro de poboación importante é Samasodu.
Historia
Os españois foron os primeiros europeos en chegar á illa. En 1568 alcanzou a illa a expedición de Pedro Sarmiento de Gamboa, Pedro de Ortega e Álvaro de Mendaña. Onde estableceu un asentamento e construíron un barco para estudar e cartografar o mar que a rodea e as illas próximas. Pero moi pronto, os españois espertaron a inimizade dos insulares.
Logo de non atopar ouro e pouca comida, e acosados polos ataques e as enfermidades, os colonos españois cambiaron a súa colonia a actual Honiara en Guadalcanal. A súa colonia, con todo, extinguiríase.
Os insulares de Santa Isabel sufriron ataques de blackbirding (contratación enganosa e rapto de man de obra indíxena) no século XIX. Abrazaron o cristianismo nos inicios do século XX.
Linguas A poboación de Santa Isabel fala ata oito idiomas ademais do Inglés e o Pijon das Illas Salomón.
Lingua Blablanga Lingua Bughotu Lingua Cheke Holo antes chamada Marine ou Maringe Lingua Gao Lingua Kokota Lingua Laghu (extinto) Lingua Zabana Lingua Zazao
Véxase tamén
Santa Isabel