miniatura|Ignacio Vilar Un bosque de música é unha película documental galega dirixida por Ignacio Vilar no ano 2003 sobre o grupo de música folk galego Luar na Lubre. A súa duración é de 89 minutos

Características Esta produción fai un percorrido pola historia do grupo e dos seus compoñentes naquel momento (Patxi Bermúdez, Xan Cerqueiro, Eduardo Coma, Xavier Ferreiro, Bieito Romero, Pedro Valero, Xulio Varela e Rosa Cedrón) que son os protagonstas da mesma.

A súa estrea internacional foi en Nova York o 24 de marzo de 2004 e os lugares nos que se desenvolveu a rodaxe foron A Coruña, Vigo, Lisboa e en escenarios naturais de Galicia coma os canóns do Sil (Ourense) ou o Teixedal da Pena Trevinca.

Equipo artístico Patxi Bermúdez: bodhran, tambor e djimbeck. Xan Cerqueiro: frautas e teclados. Eduardo Coma: violín. Xavier Ferreiro: percusión. Bieito Romero: gaitas e acordeón. Pedro Valero: guitarras. Xulio Varela: bouzoki. Rosa Cedrón: cello e voz.

Equipo técnico Dirección: Ignacio Vilar. Axudante de dirección: Xosé Antonio Blanco. Guión: Ignacio Vilar. Dirección de arte: Demetrio Rodríguez. Dirección de fotografía: Federico Ribes. Montaxe: Guillermo Represa. Axudante de montaxe: David Pinillos. Produción: Marina Fariñas. Maquillaxe: Eva Alfonso e Noemí Noia. Peiteado: Xulia Remy. Xefatura de produción: Domingo Díaz. Operadores de cámara: Victorino Lourido e Juan José Morgade. Música: Luar na Lubre Xefatura de son: José María Bloch. Montador de son: José Luis Vázquez. Foto fixa: Xosé Abad e Miguel Ares.

Premios Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental Premio Mestre Mateo ó mellor son (Nani García e Xabier Ferreiro) Premio Mestre Mateo á mellor banda sonora (Luar na Lubre).

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial IMDb Consello da Cultura Galega Axencia Audiovisual Galega

Categoría:Documentais galegos Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes dirixidos por Ignacio Vilar Categoría:Filmes de Vía Láctea Filmes