O Festival Internacional de Cine de Edimburgo é un certame competitivo de cine que se celebra na segunda metade do mes de agosto en Edimburgo, a capital de Escocia. Recoñecido oficialmente como parte do Festival de Edimburgo, é o certame de cine que leva máis edicións ininterrompidamente, dende 1947.
Características O Festival Internacional de Cine de Edimburgo comezou en 1947 dedicado unicamente a documentais, nun momento en que só existían no mundo os festivais de Cannes e Venecia, pero na actualidade recolle todo tipo de xéneros.
Os tres principais galardóns son o premio Michael Powell, que se lle outorga a filmes británicos por medio dun xurado, un premio do público, e un premio a directores noveis. Todos os filmes que se exhiben son estreas no Reino Unido, e moitas delas ademais estreas en Europa ou mundiais.
A sede do festival é a Filmhouse de Edimburgo, se ben existen unha ducia de espazos de exhibición na cidade, ademais dese. Dende setembro de 2006 a directora artística do festival é Hannah McGill, crítica de cine e xornalista, que substituíu a Shane Danielson, directora entre 2002 e 2006. Sean Connery e Tilda Swinton son patróns de honra do festival.
Edicións 2006. A 60ª edición do festival celebrouse entre o 14 e o 27 de agosto de 2006. O festival abriuse con O escocés voante, un filme sobre ciclismo, e contou coa presentación de Unha verdade incómoda, realizada polo seu protagonista, Al Gore. 2007. A 61ª edición do festival celebrouse entre o 15 e o 26 de agosto de 2007. O festival abriuse co filme británico Hallam Foe, de David Mackenzie.
Palmarés Premio Michael Powell ao mellor filme británico 1993. Blue (Derek Jarman) 1994. Priest (Antonia Bird) 1995. Small faces (Gillies Mackinnon) 1996. Jude (Michael Winterbottom) 1997. Under the Skin (Carine Adler) 1998. Love is the Devil (John Maybury) 1999. The War Zone (Tim Roth) 2000. Last Resort (Pawel Pawlikowski) 2001. Gas Attack (Kenny Glenaan) 2002. Out of Control (Dominic Savage) 2003. Young Adam (David Mackenzie) 2004. My Summer of Love (Pawel Pawlikowski) 2005. Tsotsi (Gavin Hood) 2006. Brothers of the Head (Keith Fulton e Louis Pepe) 2007. Control (Anton Corbijn)
Premio do público 1997. The Full Monty (Peter Cattaneo) 1998. Get Real (Simon Shore) 1999. Buena Vista Social Club (Wim Wenders) 2000. Billy Elliot (Stephen Daldry) 2001. Amélie (Jean-Pierre Jeunet) 2002. Rabbit-Proof Fence (Phillip Noyce) 2003. Afterlife (Alison Peebles) 2004. Inside I'm Dancing (Damien O'Donnell) 2005. Tsotsi (Gavin Hood) 2006. Clerks II (Kevin Smith) 2007. We Are Together (Thina Simunye)
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Festivais de cinema de Escocia