O termo pronunciamento ten a súa orixe na España do século XIX. Foi utilizado por primeira vez no levantamento do xeneral Riego en 1820 e é unha das expresións castelás que pasaron a formar parte do vocabulario universal. Trátase dunha sublevación ou rebeldía militar ou civil, a través da cal o xefe dunha tropa ou unha institución eríxense en portavoz dun sector social ou estado de opinión representativo da vontade nacional e busca o apoio das forzas políticas e a opinión pública para lograr un cambio na política do goberno, ou ata a conquista directa do poder. Trátase pois dun fenómeno político-militar moi habitual non só en España senón tamén nas recentes nacións independentes de Latinoamérica ao longo do século, onde seguiu aplicándose con bastante frecuencia tamén no século XX.

De feito, en España, en 1835, 1836 e 1840 son as institucións civís, como os concellos de 1840, as que se pronuncian para cambiar o rumbo do Goberno. Normalmente foron accións na maioría dos casos protagonizadas por militares que, implicados nunha conspiración política, sacaban as súas tropas á rúa e «pronunciábanse» por medio de arengas, bandos, proclamas ou manifestos onde explicaban as causas da súa actitude e ameazaban coa utilización da forza á vez que pedían a participación popular.

Pronunciamento ou golpe de estado No momento presente, existe a tendencia a usar o concepto de golpe de estado ata nos casos en que o termo correcto sería pronunciamento, polo cal esta última expresión tendeu a quedar reservada principalmente para a específica definición historiográfica da gran maioría das actitudes militares contemporáneas españolas de carácter subversivo.

O levantamento do xeneral absolutista, Elío en 1814 foi máis ben un golpe militar contra a legalidade constitucional que precisamente obrigou a que as forzas sociais liberais tiveran que se apoiar en «pronunciamentos militares» para restablecer a lexitimidade do sistema aprobado nas Cortes de Cádiz.

Así, os primeiros pronunciamentos foron protagonizados por liberais revolucionarios, como os de Porlier (1815), Richart (1816), Lacy e Milans del Bosch (1817), Vidal (1819), Riego (1820), Valdés (1824), Capapé (1824) e Torrijos (1830). Con todo, os de Llauder e Quesada en 1834, e o motín dos sarxentos de La Granja en 1836 eran parte dunha cadea de pronunciamentos urbanos a favor da entrada dos liberais ao poder, así como o de Espartero en 1840, ratificando unha cadea de concellos pronunciados contra a lei moderada.

Outros feitos militares, a metade de camiño entre o pronunciamento do primeiro liberalismo e un golpismo de novo cuño, foron os de Diego de León (1841), Zurbano (1844), O'Donnell e Dulce (1854), Prim (1864), Pavía (1874), Martínez Campos (1874), Serafín Asensio (1883), Ferrándiz (1884), Casero (1885) e Villacampa (1886).

O caso de 1868 (Revolución gloriosa) consistiu nunha ampla conxunción de forzas sociais onde os militares foron expresión instrumental de partidos, como no caso de Serrano e Prim.

Tan gran número de pronunciamentos considerouse a proba do militarismo na vida política da España do século XIX. Con todo, sería máis axustado á realidade analizar como detrás de cada pronunciamento triunfante sempre houbo un extenso e sólido armazón de civís con intereses sociais ben precisos que eran os que empurraban a eses militares a forzar o cambio de goberno. Ademais, os militares, cando triunfaban, non militarizaban a vida política, e isto só empezou a ocorrer a partir do século XX, primeiro coa Lei de xurisdicións de 1906 e logo coa ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) e de Franco (1936-1975) nas que o sector militar ocupou o Estado como tal.Fonte: G Payne, « Los militares y la política en la España contemporánea », Madrid, Sarpe, 1986.

Pronuciamentos por períodos Na sección seguinte relaciónanse unhas táboas coa cronoloxía dos períodos de pronunciamentos en España nos séculos XIX ao XX, dende 1814 ata 1981. O primeiro período inclúen aos producidos durante o século XIX, dende o retorno de Fernando VII até o remate do século XIX. O segundo período, inclúe os habidos durante o século XX, comezando polo realizado por Primo de Rivera que dá lugar á súa Ditadura, até o producido durante o reinado Xoán Carlos I.

Primeiro período (1814-1923)

Reinado de Fernando VII, O Desexado (1814-1833) AnoPronunciamento deGraoLugarTipo de pronunciamentoPertenza políticaResultado1814F. J. de ElíoCapitán XeneralValenciapresión non violentaabsolutistaExitoso1814F. Espoz y MinaMariscal de campoPamplonaclásicoliberalErrado, fuxiu a Francia1815Juan D. PorlierXeneralGaliciaclásicoliberalErrado, foi aforcado1816RichartComisario de guerraMadridsecuestro do ReiliberalErrado, foi fusilado1817L. LacyTenente XeneralCaldetas clásicoliberalErrado, foi fusilado1819VidalCoronelValenciaclásicoRepoñer no trono a Carlos IVErrado, 15 homes aforcados1820Rafael del RiegoTenente CoronelCabezas de San JuanclásicoliberalExitoso, comeza o período liberal (1820-1823)1822Fernández de CórdobaOficialMadridclásicoabsolutistaErrado1824Joaquín CapapéXeneral de BrigadaZaragozaclásicoabsolutistaErrado, foi absolvido1824F. ValdésCoronelTarifadesembarcoliberalErrado1825G. BessièresMariscalXetafeclásicoabsolutistaErrado, fusilado con 8 oficiais1926Irmáns Fernández BazánOficiaisAlacantDesembarcoliberalErrado, os dous foron aforcados1830F. Espoz y MinaMariscal de campoPireneosinvasiónliberalErrado, retornou a Francia1830José M. de TorrijosXeneralMálagadesembarcoliberalErrado, 32 fusilados

Rexencia de María Cristina (1834-1840) AnoPronunciamento deGraoLugarTipo de pronunciamentoPertenza políticaResultado1834LlauderCapitán XeneralBarcelonapresión non violentaliberal moderadoErrado1834V. QuesadaCapitán XeneralMadridpresión non violentaliberal moderadoExitoso, Estatuto Real de 18341835Cayetano CarderoOficialMadridclásicoliberalExitoso, sen resulta política1835V. QuesadaCapitán XeneralMadridnon tradicionalliberalExitoso, Ministerio Mendizábal1836García, Gómez e Lucas SarxentosLa Granja de San Ildelfonsomotín dos sarxentosliberalExitoso, Constitución de 18371836BoilComandanteValenciaclásicoliberalErrado1838Fernández de CórdobaXeneralSevillanon tradicionalde ideoloxía confusaErrado, fuxiu a Francia

Rexencia do xeneral Espartero (1840-1843) AnoPronunciamento deGraoLugarTipo de pronunciamentoPertenza políticaResultado1841O'Donnell, Diego de León, Concha, Montes de Oca, ...XeneraisMadrid e ZaragozaclásicomoderadosErrado, 200 fusilados e 5 xenerais 1843Prím e NarváezXeneraisReus e Valenciaclásicomoderado e progresistaExitoso, Isabel II é declarada maior

Reinado de Isabel II (1843-1868) AnoPronunciamento deGraoLugarTipo de pronunciamentoPertenza políticaResultado1844Pantaleón Bone OficialAlacant e CartaxenaclásicoprogresistaErrado, 24 fusilados1844Autores diversosDiversos graosMaestrazgoclásicocarlistaErrado1844ZurbanoXeneralNavarraclásicoliberalErrado, cos seus 2 fillos1846Miguel SolísComandanteLugoclásicoprogresistaErrado, 12 oficiais fusilados1848José FulgosioXeneralMadridclásicoprogresistaErrado, varios fusilamentos1854José de HoreXeneral de BrigadaZaragozaclásicoprogresistaErrado, morre combatendo1854O’Donnell e DulceXeneraisVicálvaroclásicomoderado e progresistaExitoso, Ministerio de Espartero1860OrtegaCapitán XeneralIllas BalearesclásicocarlistaErrado, foi fusilado1860Sixto CámaraXefe de miliciasVarios lugaresclásicorepublicanoErrado1866Insurrección de VillarejoGraos diversosÓ redor de Madridclásicocontra a raíña Isabel IIErrado1866HidalgoCapitánCuartel de San Gilmotín de sarxentoscontra a raíña Isabel IIErrado, 66 insurxentes fusilados1867MorionesCoronelMadridclásicocontra a raíña Isabel IIErrado1868Serrano, Prím e TopeteXenerais e AlmiranteCádiz e Córdobaclásicocontra a raíña Isabel IIExitoso, caída da Monarquía

Primeira República (1873-1874) AnoPronunciamento deGraoLugarTipo de pronunciamentoPertenza políticaResultado1873RexementosOficiais artilleirosLugares diversosmotínconservadorDisolución do Exército1873Dos OficiaisDiversos graosLugares diversosmotíncorporativoExitoso, lei sobre a pena de morte1874PavíaXeneralMadridasalto as CortesAntirepublicanoExitoso, fin da 1ª República1874Martínez CamposXeneralSaguntclásicomonárquicoExitoso, restauración da Monarquía

Restauración (1875-1923) AnoPronunciamento deGraoLugarTipo de pronunciamentoPertenza políticaResultado1883Serafín AsensioTenente XeneralBadaxozclásicorepublicanoErrado, fuxiu au Portugal1884Ferrándiz ComandanteSanta Coloma (Xirona)clásicorepublicanoErrado, fusilamento dos seus xefes1885CaseroSarxentoCartaxenaclásicorepublicanoErrado, fuxiu a Orán1886VillacampaXeneral de BrigadaMadridclásicorepublicanoErrado, cadea perpetua

Segundo período (1923-1981)

Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) AnoPronunciamento deGraoLugarTipo de pronunciamentoPertenza políticaResultado1923Primo de RiveraTenente XeneralBarcelonaclásicoProditadorExitoso, comeza unha ditadura por Decretos1926Segundo GarcíaCoronelValenciaclásicoconstitucionalistaErrado, 8 anos de cárcere1929Rexementos artilleirosDiversosSegoviamotíncomplexoDisolución do Exército1929Sánchez GuerraExministroValenciamotínconstitucionalistaErrado1930Galán e García HernándezCapitánsJacaclásicoprorrepublicanoErrado, foron fusilados1930Queipo e Ramón FrancoXeneral e ComandanteCuatro VientosclásicoprorrepublicanoErrado, fuxiron a Portugal

Segunda República (1931-1936) AnoPronunciamento deGraoLugarTipo de pronunciamentoPertenza políticaResultado1932SanjurjoXeneralMadrid e SevillaclásicomonárquicoErrado, pena de morte conmutada en cadea perpetua1936Mola, Sanjurjo, Goded, Queipo, FrancoXeneraisLugares diversosclásicoanti-Fronte PopularGuerra civil, ata 1939

Monarquía constitucional de Xoán Carlos I (1978-2014) AnoPronunciamento deGraoLugarTipo de pronunciamentoPertenza políticaResultado1981Tejero e Milans del BoschTenente Coronel e XeneralMadrid e Valenciaclásico, asalto as Cortes antidemocráticoErrado, 30 anos de cárcere

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Golpe de Estado Rebelión Revolución