Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) é unha película de fantasía e drama dirixida por David Yates e a primeira das dúas baseadas na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sétimo filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman, David Barron e Rowling. A historia céntrase na busca que emprende Harry Potter co obxectivo de atopar e destruír os Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Helena Bonham Carter e Alan Rickman.
O filme tivo a súa estrea en todo o mundo en cines 2D e IMAX o 19 de novembro de 2010. A produción do filme comezou o 19 de febreiro de 2009 e rematou o 12 de xuño de 2010.
Durante a fin de semana despois da súa estrea, esta primeira parte recadou 330 millóns de dórales, a máis alta do ano 2010. A recadación nas salas internacionais ascende a 954,5 millóns de dólares estadounidenses, converténdoa na terceira película con maiores recadacións de 2010 detrás de Toy Story 3 e Alice in Wonderland..
Sinopse
Despois dos acontecementos ao final do ano anterior Harry, Ron e Hermione van á procura e destrución dos Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. Suponse que é o seu sétimo e último ano de estudos en Hogwarts, pero a desorde no Ministerio de Maxia e o alzamento no poder do Señor Escuro evitan a súa asistencia. Os tres amigos emprenden un camiño que os levará a loitar contra os Devoradores da Morte e a descubrir os poderes das reliquias da morte. Asemade, a conexión entre Harry e a mente de Voldemort faise máis forte.
Elenco Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme. Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry. Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry. Helena Bonham Carter como Bellatrix Lestrange, unha das Devoradoras da Morte máis leais a Lord Voldemort. Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques e profesor de Coidado de Criaturas Máxicas en Hogwarts. Warwick Davis como Griphook, un sumicio e antigo empregado no Banco Gringotts. Ralph Fiennes como Lord Voldemort, o meigo escuro, que busca conquistar o mundo máxico. Michael Gambon como Albus Dumbledore, o antigo director de Hogwarts, asasinado por Severus Snape. Brendan Gleeson como Ollotolo Moody, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix. Richard Griffiths como Vernon Dursley, tío muggle de Harry. John Hurt como Ollivander, variñeiro secuestrado polos Devoradores da Morte. Rhys Ifans como Xenophilius Lovegood, o escéntrico pai de Luna, amiga do trío protagonista. Jason Isaacs como Lucius Malfoy, o pai de Draco Malfoy e un dos Devoradores da Morte. Bill Nighy como Rufus Scrimgeour, o novo Ministro de Maxia. Alan Rickman como Severus Snape, un espía entre os Devoradores da Morte e o novo director de Hogwarts. Fiona Shaw como Petunia Dursley, tía muggle de Harry. Timothy Spall como Peter Pettigrew, o Devorador da Morte que traizoou os pais de Harry. Imelda Staunton como Dolores Umbridge, a subsecretaria do Ministerio e xefa da Comisión de Rexistro da Descendencia Muggle. David Thewlis como Remus Lupin, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix. Julie Walters como Molly Weasley, a matriarca dos Weasley e figura maternal para Harry. Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry. Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Harry Potter da Warner Brothers Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) na IMDb Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) en Allmovie
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Yates Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Harry Potter 7 Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de Heyday Films Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados no Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Buckinghamshire Categoría:Filmes ambientados en 1997 Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes baseados en obras de J. K. Rowling Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2010 con versión en galego