Harry Potter and the Philosopher's Stone é un videoxogo de acción e aventuras multiplataforma de Electronic Arts desenvolvido por KnowWonder, Warthog, Griptonite, Argonaut, Eurocom e Westlake Interactive. Inicialmente, a pedra filosofal fora desenvolvido para PlayStation, PC, Game Boy Color, Advance e Macintosh, e logo foi refeito dous anos despois para PlayStation 2, Xbox e Nintendo GameCube.

A primeira versión do xogo lanzouse á venda o 15 de novembro de 2001 en Norte América; en Australia e Europa estivo dispoñible a partir do 16 de novembro e no Xapón o 1 de decembro de 2003. A segunda versión viu a luz o 9 de decembro de 2003 en Norte América, no Xapón o 11 de decembro e en Australia e Europa o 12 de decembro.

O videoxogo baséase en Harry Potter e a pedra filosofal, a primeira novela da serie Harry Potter de J. K. Rowling. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A maioría das críticas foron negativas. Os críticos destacaron a sinxeleza das probas e os pobres gráficos das versións de 2003.

Modo de xogo O modo de xogo de Harry Potter and the Philosopher's Stone é desde unha perspectiva de terceira persoa. O xogador controla a Harry Potter desde un punto de vista situado tras o personaxe.

PC e PlayStation Nas versións para PC e PlayStation, o videoxogo é semellante a un xogo de disparos de terceira persoa un xogo de crebacabezas. Inclúe combates con varias criaturas e xefes como Lord Voldemort. Ao longo da historia vanse aprendendo diversos esconxuros nas clases que poderán empregarse con inimigos e obxectos.

GameCube, PlayStation 2 e Xbox Warthog Games fixo un novo xogo de 'Harry Potter and the Philosopher's Stone para as consolas máis novas en 2003, un par de anos despois das versións orixinais. O seu modo de xogo difire moito do resto de versións e recibiu críticas por tomar todos os esconxuros do videoxogo d’a Cámara dos Segredos.

Game Boy Color O xogo para a Game Boy Color é similar a outros como Final Fantasy''. O xogador controla a Harry, comezando con Hagrid levándoo ata a Travesa Diagon. Os esconxuros empréganse para os combates, no canto de servir para interactuar tamén coa contorna.

Game Boy Advance O videoxogo para a Game Boy Advance é completamente diferente có da Game Boy Color. O xogo da Game Boy Advance é de crebacabezas. O xogador explora Hogwarts e debe asistir ás clases, que a miúdo inclúen un desafío de recoller certo número de elementos. O xogo inclúe monstros habituais doutros xogos da serie, como caracois e gnomos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Harry Potter and the Philosopher's Stone (videoxogo) no Harry Potter Wiki Guía de Harry Potter and the Philosopher's Stone no StrategyWiki

Categoría:Videoxogos de 2001 Harry Potter 1 Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos de Nintendo GameCube Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de PlayStation Categoría:Videoxogos de PlayStation 2 Categoría:Videoxogos de Warner Bros. Interactive Entertainment Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox Categoría:Videoxogos baseados en filmes