miniatura|220px|Gunung Rinjani desde Gili Trawangan A illa de Lombok pertence á provincia indonesia de Nusa Tenggara Barat, situada entre as illas de Balí e Sumbawa. Con 4,725 km² de extensión e unha poboación de 3.166.789 habitantes segundo o censo de (2010), nela atópase Mataram, capital e cidade máis grande da provincia.
Historia
Historicamente, a illa garda relación coas dinastías hindús da veciña Balí. En 1674 comezou a chegada de holandeses á parte oriental da illa; a finais do século XIX, aproveitando unha revolta dos sasaks, os holandeses fanse co control total de Lombok en 1894 e incorpórano ás Indias Orientais Neerlandesas.
Ecoloxía
Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Lombok pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, situadas entre o Sueste asiático e Oceanía. De feito, a Liña pasa entre Lombok e a súa veciña Balí.
Turismo
Illa de turismo non tan masivo como a próxima Balí, en Lombok os visitantes atopan praias case desertas e paisaxes de gran beleza, como o que rodea ao estratovolcán Rinjani (3,726 m), o terceiro en altitude de Indonesia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas menores da Sonda
Ligazóns externas Tropenmuseam Collection of historic photos from Lombok Lombok Indonesia Tourism Mount Rinjani Lombok National Park COLLECTIE TROPENMUSEUM, Collection of historic photos from Lombok NY Times on Lombok The Australian reports on Lombok: The New Bali Kabupaten Lombok Utara the Regency of North Lombok Kabupaten Lombok Tengah, the Regency of Central Lombok Kabupaten Lombok Timur, the Regency of East Lombok Kabupaten Lombok Barat, the Regency of West Lombok Nusa Teggara Barat, West Nusa Teggara Kota Mataram, City of Mataram Gili Asahan
Categoría:Illas de Indonesia Categoría:Illas do Índico