Toau é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Fakarava. Está situado ao oeste do arquipélago, diante da canle do norte de Fakarava.

Xeografía

A superficie total é de 9 km². O atol dispón de dous pasos á lagoa interior e de praias de area.

A vila principal é Maragai, aínda que os habitantes son esporádicos e proveñen da veciña Fakarava para pescar e colleitar copra. Ultimamente tamén hai visitantes ocasionais para a práctica do mergullo. Non dispón de infraestruturas.

Historia

O primeiro europeo en visitar Toau foi o inglés James Cook, en 1774.

Categoría:Atois de Tuamotu