Acontecementos
Asia
Remata o reinado de Koken, emperador do Xapón e comeza o de Junnin.
Europa
Liutprando de Benevento é despoxado do ducado de Benevento e Arechis II convértese no novo duque. Desiderio, rei dos longobardos, ocupa o ducado de Spoleto e vence e manda á cadea ao seu duque Alboíno. Sixerico convértese en rei de Essex.
Nacementos
Hildegard von Anglachgau - unha das esposas que tivo Carlomagno (morreu en 783). Teófanes o Confesor, historiador bizantino (morreu en 818).
Mortes
Swithred - rei do reino anglosaxón de Essex.
Véxase tamén
Historia ano a ano
Categoría:758