Nukutavake (antes Reine Charlotte) é un atol do arquipélago Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado ao leste e centro do arquipélago, a 1.125 km de Tahití.
Xeografía É un atol alargado de 5,2 km de longo e unha anchura variable entre 450 m e 1,3 km. A superficie total é de 5,5 km². A lagoa é pouco profunda e foi parcialmente secada e cuberta de densa vexetación. O anel coralino ten unha grande extensión de cocos. A vila principal é Tavananui, con moitas casas abandonadas debido á emigración a Tahití. A poboación total é de 196 habitantes tomando o censo de 1996, e viven principalmente da pesca e a produción de copra. Dispón dun aeródromo.
Historia Foi descuberto polo inglés Samuel Wallis, o 1767, que o denominou Raíña Carlota (Queen Charlotte).
Categoría:Atois de Tuamotu