O 3 de novembro é o 307º día do ano do calendario gregoriano (308º nos anos bisestos). Quedan 58 días para finalizar o ano.
Acontecementos 644 - Na mesquita de Medina, Umar ibn al-Khattab, segundo califa, é asasinado por un escravo persa. 1493 - Cristovo Colón chega a terra, no Caribe, na súa segunda viaxe. 1853 - Primeiro número do Faro de Vigo. 1903 - Independencia do Panamá 1930 - Getúlio Vargas tórnase xefe do Goberno Provisional no Brasil, despois do golpe que afastou a Washington Luís 1957 - A antiga URSS lanza o satélite Sputnik 2 coa cadela Laika a bordo. Laika foi o primeiro ser vivo en orbitar a Terra. 1970 - Salvador Allende (1908-1973) é nomeado presidente de Chile. 1978 - Dominica, nación do Caribe, tórnase independente
Nacementos miniatura|100px|Neira Vilas 39 - Nace en Hispania o poeta Lucano. 1801 - Vincenzo Bellini, compositor italiano (m. 1835). 1921 - Charles Bronson, actor estadounidense (m. 2003). 1928 - Xosé Neira Vilas, escritor galego. 1931 - Monica Vitti, actriz italiana. 1933 - Amartya Sen, economista bengalí. 1956 - Manuel Elkin Patarroyo Murillo, médico colombiano e inmunólogo. 1987 - Saleta Castro, triatleta profesional galega. 1995 - Kendall Jenner, personalidade de televisión e modelo estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Matisse 1857 - Claudio González Zúñiga, médico, historiador e político galego (n. 1784). 1914 - Georg Trakl, poeta austríaco. 1940 - Manuel Azaña, presidente da Segunda República Española (n. 1880). 1954 - Henri Matisse, pintor francés (n. 1869). 1963 - Lolita Díaz Baliño, pintora galega (n. 1905). 1968 - Luis Fábrega Santamarina, framacéutico e político galego (n. 1906). 1980 - Rodolfo Prada, galeguista da Arxentina (n. 1892).
1998 - Bob Kane, creador do heroe de banda deseñada Batman (n. 1915). 2003 - Rasul Gamzatov, poeta ávaro (n. 1923). 2009 - Francisco Ayala, escritor español (n. 1906).
Festas e celebracións Día Mundial do Sándwich .
Propúxose celebrar nesta data, aniversario do nacemento de Neira Vilas, o Día do Lector e da Lectora . No ano 2023 pasa a chamarse Día da Lectura.
Outros
Os 366 días do ano
03