dereita|222px
Un ovo pode designar:
Cigoto, célula resultante da fecundación da célula reprodutora feminina (ovocito) pola célula reprodutora masculina (espermatozoide). É o primeiro produto da reprodución sexual. Ovo, o corpo producido polas femias dos animais ovíparos, formado polo ovocito, normalmente fecundado, rodeado de diferentes substancias nutritivas das que se alimentará o embrión no seu desenvolvemento. Ovo, referido unicamente ós utilizados na alimentación humana. Adoita referirse ó procedente da galiña, pero tamén se consomen ovos de pata, paspallás e, noutras latitudes, doutras especies de aves. Célula ovo (ou ovo) pode utilizarse para designar varias das células femininas da liña xerminal, como o ovocito (célula ovo inmatura), o óvulo (célula ovo madura coa meiose completada) ou o xa indicado cigoto (célula ovo fecundada cos pronúcleos fusionados).