Un dos nosos (en ) é un filme estadounidense dirixido por Martin Scorsese que se estreou no ano 1990. É unha adaptación do libro non ficticio 1986 Wiseguy de Nicholas Pileggi, quen tamén co-guionizou o filme xunto con Scorsese. O filme conta o ascenso e caída de Henry Hill, colaborador da familia criminal Lucchese entre 1955 e 1980. Joe Pesci recibiu ó Oscar ó mellor actor secundario pola súa interpretación.

Estreouse en galego na TVG o 3 de xuño de 2013.

Sinopse

Henry Hill (Ray Liotta), fillo de pai irlandés e nai siciliana, é testemuña da vida de poder, honra e respecto que levan os gangsters que habitan no seu barrio, nunha zona de Brooklyn onde son maioría os emigrantes, e que está baixo a protección do patriarca da familia Pauline, Paul Cicero. Henry, ós seus trece anos de idade, desistirá de seguir indo a clase, e fascinado por tal vida mafiosa, entrará a formar parte da organización, comezando por ser un mero mozo dos recados para ir ascendendo de posición a medida que fortalece a confianza que nel depositan os integrantes da hampa local, como o irlandés Jimmy Conway (Robert De Niro) ou o italoamericano Tommy de Vito (Joe Pesci), penetrándose cada vez en negocios máis turbios.

Personaxes

Ray Liotta como Henry Hill Robert De Niro como Jimmy Conway Joe Pesci como Tommy DeVito Lorraine Bracco como Karen Hill Paul Sorvino como Paul Cicero Frank Sivero como Frankie Carbone Frank Vincent como Billy Batts Tony Darrow como Sonny Bunz Mike Starr como Frenchy Chuck Low como Morrie Kessler Frank DiLeo como Tuddy Cicero Johnny Williams como Johnny Roastbeef Samuel L. Jackson como Parnell "Stacks" Edwards Frank Adonis como Anthony Stabile Catherine Scorsese como Nai de Tommy DeVito Gina Mastrogiacomo como Janice Rossi Debi Mazar como Sandy Margo Winkler como Belle Kessler

Welker White como Lois Byrd Julie Garfield como Mickey Conway Paul Herman como Repartidor Detective Ed Deacy como El mesmo Christopher Serrone como Henry Hill (mozo) Charles Scorsese como Vinnie Michael Vivalo como Nicky Eyes Michael Imperioli como "Spider" Tony Sirico como Tony Stacks Frank Pellegrino como Johnny Dio Elizabeth Whitcraft como Moza de Tommy Illeana Douglas como Outra moza de Tommy Anthony Powers como Jimmy Two-Times Ed McDonald como El mesmo Tony Lip as Frankie The Wop Joseph Bono como Mikey Franzese Kevin Corrigan como Michael Hill

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Martin Scorsese Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1980 Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1990 con versión en galego