miniatura|150px|O Outeiro de Hobbiton, onde está a casa de Bilbo Bilbo Bulseiro é o protagonista d'O Hobbit, novela de J. R. R. Tolkien. Aparece tamén n' O Señor dos Aneis, famosa novela do mesmo autor. É o primeiro na historia da Terra Media en dar voluntariamente o Anel Único.
Bilbo n'O hobbit É fillo de Bungo Bulseiro e de Beladona Tuk.
Se ben ó principio na Comarca tívoselle por un hobbit normal e con bo sentido común, a súa vida mudou por completo no ano 2941 da Terceira Idade tras recibir unha visita inesperada de Gandalf e dunha compañía de ananos. Sen previo aviso, foron chegando á súa casa a tomar té Dwalin, Balin, Kili e Fíli, Dori, Nori, Ori, Óin e Glóin, e por último, Gandalf (ó que si invitara), acompañado de Bifur, Bofur, Bombur e Thorin Escudo de Carballo.
Os Ananos, liderados por Thorin, necesitaban un membro máis, un saqueador experto, para poder levar a cabo o seu plan: alcanzar a Montaña Solitaria, derrotar ó gran dragón Smaug e recuperar o Reino Baixo a Montaña.
miniatura|150px|Ian Holm, intérprete de Bilbo Bulseiro vello na triloxía cinematográfica d`O Señor dos Aneis e na triloxía d'O Hobbit. miniatura|150px|Martin Freeman interpreta a Bilbo Bulseiro (novo) na triloxía d'O Hobbit.
Gandalf recomendáralles para esta misión a Bilbo, e deste modo o Hobbit viuse envolto nunha aventura que xamais imaxinara. Polo camiño lograron a duras penas (e grazas á axuda de Gandalf) escapar dos troles, e foi na súa gorida onde atopou un coitelo dos Elfos de Gondolin (como máis tarde lles contaría Elrond), que se converteu na súa espada, á que chamou Aguillón.
No seu paso polas Montañas Bretemosas, Bilbo atopou un anel máxico, que ata ese momento estaba en poder dunha criatura misteriosa chamada Gollum. Bilbo ten que xogar a vida con Gollum nun torneo de adiviñas, do que sae vitorioso, pero non do modo máis "ortodoxo". Bilbo descobre casualmente que o Anel confire a invisibilidade e grazas a isto, logra escapar e reunirse cos seus compañeiros.
Polo camiño, Bilbo e os seus compañeiros son perseguidos polos Orcos, rescatados polas grandes aguias, axexados e capturados polas Grandes Arañas e tras ser liberados grazas a Bilbo, os Ananos son pechados nos alxubes do Rei dos Elfos do Bosque (que non era outro que Thranduil, o pai de Legolas, como se saberá por O Señor dos Aneis). Grazas ó enxeño de Bilbo, logran fuxir e chegar finalmente á Cidade do Lago.
Desde aí encamíñanse á Montaña Solitaria, onde Bilbo invisible grazas ó Anel, entra na sala onde Smaug durmía sobre un enorme tesouro. A través das conversas que mantivo co dragón, Bilbo comprobou que tiña un punto débil no peito e namentres llo contaba ós compañeiros ananos, isto escoitouno un vello zorzal, que llo comunicou a Bardo o arqueiro e o vello Smaug é finalmente abatido pola frecha negra.
Unha vez derrotado o dragón, Thorin proclámase Rei Baixo a Montaña, pero os Homes e os Elfos queren obter parte do tesouro que gardaba Smaug, atopándose coa rotunda negativa de Thorin. Bilbo intenta mediar, e entrega a Pedra da Arca a Bardo. Porén, un grande exército de orcos atácaos, dando lugar á que foi coñecida como a Batalla dos Cinco Exércitos, na que tamén participou Beorn, que os axudara no camiño. Thorin morre despois da Batalla, e Dáin faise cargo do reino dos Ananos de Erebor.
Bilbo volve á Comarca rico, e pasa alí moitos anos felices. Adopta a Frodo, primo-sobriño afastado seu, como o seu herdeiro e mantén o Anel Único oculto.
Tras deixar Vila Bulsa, por consello e coa axuda de Gandalf, dirixiuse a Valfendido, onde permaneceu ata que embarcou con Gandalf, Elrond, Galadriel e Frodo nun barco de Elfos que os levou a Tol Eressëa, nas Terras Imperecedoiras.
Bilbo Bulseiro nos diferentes idiomas Na versión orixinal inglesa, o apelido de Bilbo é Baggins, pero acostuma ser traducido ós distintos idiomas: Na tradución alemá chámase Bilbo Beutlin. Na tradución francesa, Bilbo (ou Bilbon) Sacquet. Na tradución catalá, Bilbo Saquet. Na tradución castelá Bilbo Bolsón. Na tradución norueguesa, Bilbo Lommelun. Na tradución finlandesa, Bilbo Reppuli.miniatura|esquerda|O Anel que encontrou Bilbo Na tradución neerlandesa, Bilbo Balings. Na tradución portuguesa do Brasil, Bilbo Bolseiro, se ben na primeira edición do Hobbit foi Bilbo Bolsin. Na tradución húngara, Zsákos Bilbó. Nunha das tres traducións polacas d'O Señor dos Aneis chámase Bilbo Bagosz, pero nas outras dúas e no Hobbit mantén o seu nome orixinal en inglés.
Na triloxía cinematográfica O Señor dos Aneis de Peter Jackson (2001, 2002, 2003), Bilbo está interpretado por Ian Holm. Na triloxía do mesmo director baseada na novela O Hobbit (2012, 2013, 2014), Bilbo vello é interpretado novamente por Iam Holm, e Bilbo novo por Martin Freeman.
Xenealoxía de Bilbo (e relación con Frodo) por parte de nai
Gerontius Tuc = Adamanta Cacho
_______|___________
Bungo Bulseiro =Beladona Tuc Mirabella Tuc= Gorbadoc Brandigamo
Bilbo Bulseiro Prímula Brandigamo = Drogo Bulseiro
Frodo Bulseiro
Xenealoxía de Bilbo (e relación con Frodo) por parte de pai
Balbo Bulseiro = Berilia Argalleiro
_______|___________
Laura Cavada =Mungo Bulseiro Largo Bulseiro= Tanta Birimbao
Beladona Tuc =Bungo Bulseiro Fosco Bulseiro= Ruby Bocho
Bilbo Bulseiro Drogo Bulseiro = Prímula Brandigamo
Frodo Bulseiro
Notas
Categoría:Hobbits da Terra Media Categoría:Personaxes d'O Señor dos Aneis Categoría:Personaxes d'O hobbit