A Copa Intertoto da UEFA foi unha competición de fútbol oficial organizada pola UEFA para clubs europeos que non se clasificaran para algunha das principais competicións da UEFA (a Liga de Campións e a Copa da UEFA), sendo clasificatoria para a Copa da UEFA.
Disputouse entre 1962 e 1967 baixo o nome de Copa de Fútbol Internacional, sendo asumida en 1995 pola UEFA. A última edición xogouse en 2008.
Historia A Copa Intertoto substituíu á Copa de Fútbol Internacional (IFC), que era unha competición organizada polos grupos de empresas de fútbol de Europa central a fin de proporcionar partidos para as súas entradas durante os meses de verán esta existiu desde 1962 ata 1967, a partir deste ano o formato foi cambiado. A fase de grupos prevaleceu, sobre róldalas eliminatorias que foron refugadas, así naceu unha competición sen trofeo. En 1995 foi asumido pola UEFA e aberto aos clubs de toda Europa. A copa non tiña un único campión; había un número determinado de finais, cuxos gañadores entraban na Copa da UEFA da seguinte tempada. Isto convertía a competición en atractiva para moitos clubs, que a vían como a súa única oportunidade de clasificarse para Europa.
Algúns países non aproveitaban totalmente cada ano a súa asignación de postos na Copa Intertoto, xa que para moitos clubs a competición entraba en conflito cos seus torneos planificados para o verán ou cos amigables de pre-tempada. Era particularmente impopular en Inglaterra onde se refería a ela con nomes pexorativos como "Intertwobob Cup" ou "Intertinpot Cup", no entanto para o ente reitor, era considerado como Torneo Oficial.
Formato Ata o ano 2005, a Copa Intertoto constaba de 3 roldas previas, semifinais e final. Nas 3 primeiras roldas, ían ingresando os equipos de acordo coa posición na súa liga, e ao país que representaban. Unha vez concluídas as 3 roldas, viñan as semifinais, disputadas por 12 equipos, e finalmente as tres finais, das que saían os 3 equipos que participaban na seguinte edición da Copa da UEFA.
Na tempada 2006 a Copa Intertoto cambiou de formato, reducíndose a tres roldas a dobre volta e aumentando a 11 o número de equipos que se clasificaban para a Copa da UEFA, aínda que empezando na segunda rolda previa. Aos equipos que chegaban máis lonxe nas roldas da UEFA entregábaselles un distintivo ou trofeo consistente nunha placa conmemorativa.
O 30 de novembro do 2007 a UEFA no seu Comité Executivo decidiu prescindir da Copa Intertoto co cambio de formato de competición da Copa da UEFA aplicable desde a tempada 2009-10. Deste xeito, no verán de 2008 disputouse a última edición da Copa Intertoto.
Os equipos galegos na Intertoto Os dous equipos galegos que participaron na Copa Intertoto foron o Celta de Vigo, nunha ocasión, e o Deportivo da Coruña, en dúas.
O Celta gañou o torneo, e conseguiu a clasificación para a Copa da UEFA no ano 2000 tras impoñerse nunha das finais da Intertoto ó Zenit San Petersburgo. O Deportivo, pola súa parte, disputou a final no ano 2005, na que foi derrotado fronte ó Olympique de Marsella pero clasificouse no ano 2008 cando disputou a final e derrotou ao Bnei Sakhnin.
Todas as finais Campións da Copa Karl Rappan O Ajax é o primeiro club vencedor da Copa Intertoto, pero durante a década de 1960, segundo a Historia da Copa Intertoto da UEFA do sitio oficial da UEFA (uefa.com), o torneo estivo organizado por Ernst Thommen e Karl Rappan nunha época onde os únicos torneos recoñecidos e organizados pola UEFA eran a Copa de Europa (actual Liga de Campións) e a Recopa de Europa. Desde 1995 a Copa Intertoto adquire rango oficial ao ser organizada pola UEFA, desde 1995.
TempadaCampiónSubcampiónResultado1962 20px Ajax 20px Feyenoord Rotterdam 4-2 (pr.)1963 20px Inter Bratislava 20px Calcio Padova 1-0 (pr.)1964 20px Inter Bratislava 20px Polonia Bytom 1-0 (pr.)1965 20px Polonia Bytom 20px Leipzig 5-4 1966 20px Lokomotive Leipzig 20px Norrköping 4-1 1967 20px Eintracht Frankfurt 20px Inter Bratislava 4-3
Campións da Copa Intertoto En cursiva, o resultado no estadio do gañador.
TempadaCampiónSubcampiónIdaVoltaGlobal199520px Estrasburgo20px Tirol Innsbruck1-16-17-220px Girondins de Bordeos20px Karlsruher2-02-24-2199620px Karlsruher20px Standard de Liège0-13-13-220px En Avant Guingamp20px Rotor Volgograd1-21-0 2-220px Silkeborg20px Segesta Sisak2-10-1 2-2199720px Bastia20px Halmstads1-01-1 2-1 (pr.)20px Olympique de Lión20px Montpellier1-03-24-220px Auxerre20px Duisburg0-02-02-0199820px Valencia20px Salzburgo2-02-14-120px Werder Bremen20px Vojvodina Novi Sad1-01-12-120px Bologna20px Ruch Chorzów1-02-03-0199920px Montpellier20px Hamburgo1-11-12-2 (3-0 p.) 20px Juventus20px Stade Rennes2-02-24-220px West Ham20px Metz1-03-14-1200020px Udinese20px Sigma Olomouc2-24-2 6-4 (pr.)20px Celta de Vigo20px Zenit San Petersburgo2-12-24-320px Stuttgart20px Auxerre2-01-13-1200120px Aston Villa20px Basilea1-14-15-220px Paris Saint-Germain20px Brescia0-01-1 1-120px Troyes20px Newcastle United0-04-4 4-4200220px Málaga20px Villarreal1-01-12-120px Fulham20px Bologna2-23-15-320px Stuttgart20px Lille0-12-02-1200320px Schalke 0420px Pasching2-00-02-020px Villarreal20px Heerenveen2-10-02-120px Perugia20px Wolfsburgo1-02-03-0200420px Lille20px Leiria0-02-02-020px Schalke 0420px Slovan Liberec2-11-03-120px Villarreal20px Atlético de Madrid2-00-22-2 (3-1 p.) 200520px Hamburgo20px Valencia1-00-01-020px Lens20px Cluj1-13-14-220px Olympique de Marsella20px Deportivo da Coruña0-25-15-3TempadaGañadores200620px Newcastle United Auxerre Ethnikos Achnas Grasshopper-Club Hertha Berlín Kayserispor Maribor Odense Olympique de Marsella Ried Twente200720px Atlético de Madrid Aalborg Blackburn Rovers Hamburgo Hammarby Leiria Lens Otelul Galati Rapid Viena Sampdoria Tobol Kostanay 200820px Sporting de Braga Aston Villa Deportivo da Coruña Elfsborg Grasshopper-Club Nápoles Rosenborg Stade Rennes Sturm Graz Stuttgart Vaslui
Palmarés Equipos segundo número de títulos
EquipoPaísTítulosSubcampiónAnos campión VfB Stuttgart 20px Alemaña 3 0 2000, 2002 e 2008 Villarreal CF 20px España 2 1 2003 e 2004 Hamburger SV 20px Alemaña 2 1 2005 e 2007 AJ Auxerre 20px Francia 2 1 1997 e 2006 FC Schalke 04 20px Alemaña 2 0 2003 e 2004 Olympique de Marseille 20px Francia 2 0 2005 e 2006 RC Lens 20px Francia 2 0 2005 e 2007 Aston Villa FC 20px Inglaterra 2 0 2001 e 2008 Grasshopper-Club 20px Suíza 2 0 2006 e 2008 Karlsruher SC 20px Alemaña 1 1 1996 Valencia CF 20px España 1 1 1998 Bologna FC 1909 20px Italia 1 1 1998 Montpellier Hérault SC 20px Francia 1 1 1999 Lille OSC 20px Francia 1 1 2004 Newcastle United FC 20px Inglaterra 1 1 2006 Club Atlético de Madrid 20px España 1 1 2007 RC Strasbourg 20px Francia 1 0 1995 FC Girondins de Bordeaux 20px Francia 1 0 1995 En Avant Guingamp 20px Francia 1 0 1996 Silkeborg IF 20px Dinamarca 1 0 1996 SC Bastia 20px Francia 1 0 1997 Olympique Lyonnais 20px Francia 1 0 1997 Werder Bremen 20px Alemaña 1 0 1998 Juventus FC 20px Italia 1 0 1999 West Ham United FC 20px Inglaterra 1 0 1999 Udinese Calcio 20px Italia 1 0 2000 Real Club Celta de Vigo 1 0 2000 Paris Saint Germain FC 20px Francia 1 0 2001 Troyes AC 20px Francia 1 0 2001 Málaga CF 20px España 1 0 2002 Fulham FC 20px Inglaterra 1 0 2002 AC Perugia 20px Italia 1 0 2003 Ethnikos Achnas FC 20px Chipre 1 0 2006 FC Twente 20px Países Baixos 1 0 2006 Hertha BSC Berlin 20px Alemaña 1 0 2006 Kayserispor 20px Turquía 1 0 2006 NK Maribor20px Eslovenia 1 0 2006 Odense BK20px Dinamarca 1 0 2006 SV Ried 20px Austria 1 0 2006 Aalborg BK 20px Dinamarca 1 0 2007 Blackburn Rovers FC20px Inglaterra 1 0 2007 FC Otelul Galati 20px Romanía 1 0 2007 FC Tobol Kostanay 20px Kazakhstán 1 0 2007 Hammarby 20px Suecia 1 0 2007 SK Rapid Wien 20px Austria 1 0 2007 UC Sampdoria 20px Italia 1 0 2007 UD Leiria 20px Portugal 1 0 2007 Sporting Braga 20px Portugal 1 0 2008 IF Elfsborg 20px Suecia 1 0 2008 Rosenborg BK 20px Noruega 1 0 2008 SC Vaslui 20px Romanía 1 0 2008 SK Sturm Graz 20px Austria 1 0 2008 SSC Napoli 20px Italia 1 0 2008 Stade Rennais FC 20px Francia 1 0 2008
Países segundo número de títulos PaísTítulosSubcampionatos 165 114 74 71 62 43 30 21 21 21 21 11 Chipre10 10 10 10 02 República Checa02 01 01 01 01
Estatísticas Equipos españois Equipo Participacións GañadorVillarreal CF 4 2 Valencia CF 2 1 Atlético de Madrid 2 RCD Espanyol 2 Deportivo 2 Celta de Vigo 1 1 Málaga CF 1 1 Athletic Club de Bilbao 1 RCD Mallorca 1 Racing de Santander 1
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Copa Intertoto no sitio da UEFA. Sitio da Copa Intertoto .