Nestor Fabián Canobbio Bentaberry, nado en Montevideo o 8 de marzo de 1980, é un futbolista uruguaio. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é e Larissa FC.

Biografía Comezou a xogar no Club Atlético Progreso no Uruguai, participando no mundial sub-20 de 1999 e logo co CA Peñarol. No verán de 2003 fichou polo Valencia de Rafa Benitez, contra os desexos do adestrador que se refiriu a el con Pido unha cadeira e tráenme unha lámpada, polo que non chegou a ter continuidade.

Co cambio de adestrador en 2004 coa chegada de Claudio Ranieri a situación non cambia polo que se lle busca un equipo para que poida disputar minutos, así chega ao Celta de Vigo, en Segunda División, en calidade de cedido con opción de compra. Nesta tempada o equipo acada o ascenso a Primeira, sendo Canobbio e Jandro os máximos anotadores do equipo con 12 tantos cada un. Ao rematar a tempada o Celta exerce a opción de compra do xogador por un millón de euros.

No ano de regreso do Celta á máxima categoría o equipo clasifícase para disputar a Copa da UEFA, sendo o segundo máximo goleador do equipo con 8 tantos, por detrás de Fernando Baiano con 13. Porén o ano de debut europeo sería tamén o ano do descenso do equipo outra vez a Segunda.

Na tempada 2007/08 non se acada o obxectivo de ascender e Canobbio deixa o club e ficha polo Real Valladolid, onde militou dous anos cun rendemento irregular.

No verán de 2010 ficha polo AE Larisa e en 2011 polo CA Fénix. En 2012 volve ao equipo onde comezou, o CA Progreso, porén a comezos de 2013 volve a cambiar de equipo ao irse ao Danubio Fútbol Club.

Selección nacional Foi internacional coa Selección de fútbol do Uruguai en oito ocasións.

Traxectoria ClubCategoríaAnoPartidosGolesClub Atlético ProgresoSegunda División1997Club Atlético ProgresoSegunda División1997Club Atlético ProgresoSegunda División1998Club Atlético ProgresoSegunda División1999Club Atlético ProgresoSegunda División2000CA PeñarolPrimeira División2001367CA PeñarolPrimeira División20024218CA PeñarolPrimeira División2003122Valencia Club de FútbolPrimeira División2003/2004101Celta de VigoSegunda División2004/20053812Celta de VigoPrimeira División2005/2006328Celta de VigoPrimeira División2006/2007342Celta de VigoSegunda División2007/2008277Real ValladolidPrimeira División2008/2009294Real ValladolidPrimeira División2009/2010241AE LarisaPrimeira División de Grecia2010/2011CA FénixPrimeira división do Uruguai2011CA ProgresoPrimeira división do Uruguai2012Danubio FCPrimeira división do Uruguai2013

Palmarés

Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAnoLiga españolaValencia Club de FútbolEspaña2004

Copas internacionais TítuloEquipo (*)PaísAnoCopa UEFAValencia Club de FútbolSuecia2004

(*) Incluíndo a Selección

Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Progreso Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do AE Larissas 1964 Categoría:Xogadores do CA Fénix Categoría:Xogadores do Danubio FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol do Uruguai