Julie Ann Smith, coñecida como Julianne Moore, nada en Fayetteville o 3 de decembro de 1960, é unha actriz e escritora estadounidense. Prolífica no cinema dende principios da década de 1990, é coñecida especialmente polos seus retratos de mulleres con problemas emocionais, tanto en filmes independentes como en blockbusters, e recibiu múltiples premios, incluído un Óscar á mellor actriz, un premio da BAFTA e dous Globos de Ouro. A revista Time nomeou a Moore unha das 100 persoas máis influentes do mundo en 2015.

Traxectoria Filla de Peter Moore Smith, xuíz militar e coronel da Armada, e Ann, psiquiatra e traballadora social con ascendencia escocesa, ten dous irmáns máis novos, Peter Moore Smith e Valerie. A causa do traballo do seu pai, viviu na súa mocidade en máis de 33 sitios entre os Estados Unidos e Alemaña. Estivo casada tres veces; ten un fillo e unha filla do seu terceiro e último matrimonio co director Bart Freundlich, co que está casada desde 2003.

Na súa mocidade, estudou no Instituto Americano de Frankfurt e licenciouse en Belas Artes na Boston University.

Trasladouse a Nova York en 1983, onde traballou como camareira ata interpretar a Frannie e Sabrina Hughes na telenovela As the World Turns, polo que foi galardoada co Emmy.

Empezou no cine nos anos 90, sobre todo en papeis secundarios como o de The Hand That Rocks the Cradle (1992) ou O fuxitivo (1993). O seu papel en Short Cuts (1993) supúxolle moi boas críticas e un gran recoñecemento, e empezou a protagonizar filmes como Nine Months (1995), The Lost World: Jurassic Park (1997) ou a independente Safe (1995).

A partir de 1997 protagonizou varias películas polas que foi candidata aos Premios Oscar, como Boogie Nights (1997), The End of the Affair (1999), Far from Heaven (2002), The Hours (2002) e Still Alice, pola que finalmente recibiu o galardón.

Tamén protagonizou as películas Magnolia (1999) e Hannibal (2001).

miniatura|dereita|Julianne Moore na estrea de Savage Grace, abril de 2008.

Filmografía Ano Filme Papel Notas 1984 The Edge of Night Carmen Engler 1985–1988& 2010, 1986–1988 As the World Turns Frannie HughesSabrina Hughes 1987 I'll Take Manhattan India West 1989 Money, Power, Murder Peggy Lynn Brady 1990 Tales from the Darkside: The Movie Susan 1990 An Adult Comedy Lead 1991 Cast a Deadly Spell Connie Stone 1991 The Last to Go Marcy 1992 The Hand That Rocks the Cradle Marlene Craven 1992 The Gun in Betty Lou's Handbag Elinor 1993 Body of Evidence Sharon Dulaney 1993 Benny e Joon Ruthie 1993 Luck, Trust & Ketchup Ela mesma 1993 O fuxitivo Doutora Anne Eastman 1993 Short Cuts Marian Wyman 1994 Vanya on 42nd Street Yelena 1995 Roommates Beth Holzcek 1995 Safe Carol White 1995 Nine Months Rebecca Taylor 1995 Asasinos Electra 1996 Surviving Picasso Dora Maar 1997 The Lost World: Jurassic Park Doutora Sarah Harding 1997 The Myth of Fingerprints Mia 1997 Boogie Nights Amber Waves 1997 The Lost World: Jurassic Park – Chaos Island Doutora Sarah Harding Voz 1998 O gran Lebowski Maude Lebowski 1998 Hellcab Distraught Woman 1998 Psycho Lila Crane 1999 Cookie's Fortune Cora Duvall 1999 An Ideal Husband Mrs. Laura Cheveley 1999 A Map of the World Theresa Collins 1999 The End of the Affair Sarah Miles 1999 Magnolia Linda Partridge 2000 The Ladies Man Audrey 2000 Not I Mouth 2001 Hannibal Axente Clarice Starling 2001 Evolution Doutora Allison Reed 2001 The Shipping News Wavey Prowse 2001 World Traveler Dulcie 2002 Far from Heaven Cathy Whitaker 2002 The Hours Laura Brown 2004 Marie and Bruce Marie 2004 Laws of Attraction Audrey Woods 2004 The Forgotten Telly Paretta 2005 The Prize Winner of Defiance, Ohio Evelyn Ryan 20052007 The Naked Brothers Band: The Movie Ela mesma 2006 Freedomland Brenda Martin 2006 Trust the Man Rebecca 2006 Children of Men Julian 2007 Next Callie Ferris 2007 I'm Not There Alice 2008 Savage Grace Barbara Daly Baekeland 2008 Eagle Eye ARIIA Voz 2008 Blindness Muller do doutor 2009 The Ballad of G.I. Joe Scarlett Vídeo 2009 The Private Lives of Pippa Lee Kat 2009 A Single Man Charlotte 2009 Chloe Catherine 2009 30 Rock Nancy Donovan Episodios: "Secret Santa", "Winter Madness", "Lee Marvin vs. Derek Jeter", "Emanuelle Goes to Dinosaur Land" e "I Do Do" 2010 Elektra Luxx Virgin Mary 2010 Shelter Cara 2010 The Kids Are All Right Jules 2011 Amor estúpido e tolo Emily Weaver 2011 Game Change Sarah Palin Telefilme2011 Amor estúpido e tolo2012 Being Flynn2012 What Maisie Knew Susanna2013 Don Jon Esther2013 2013 Carrie2014 Non-Stop2014 Maps to the Stars2014Still Alice20142014Seventh Son Mother Malkin2015Maggie's Plan2015 Freeheld2015 2017 Wonderstruck/Older Rose2017Suburbicon Rose/Margaret2017Kingsman: The Golden Circle2018Gloria BellGloria2018Bel Canto 2019After the Wedding Theresa2019FrancescaCurtametraxe20202020

Outras aparicións O 1 de decembro de 2005, presentou o concerto na entrega do Premio Nobel da Paz en Oslo, xunto a Salma Hayek.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas CBS News interview (30 de setembro de 2005) IGN Films interview (29 de abril de 2004) Guardian Unlimited interview (21 de febreiro de 2003) Guardian Unlimited interview (1 de febreiro de 2003)

Categoría:Actores de Carolina do Norte Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Carolina do Norte Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Alumnos da Universidade de Boston Categoría:Óscar á mellor actriz