Haim Revivo, nado o 22 de febreiro de 1972 en Ashdod, é un futbolista israelita, actualmente retirado. Foi un xogador destacado no Celta de Vigo durante a súa etapa no conxunto celeste.

Traxectoria Haim xogou no Bnei Yehuda Tel Aviv, Hapoel Tel Aviv e Maccabi Haifa, antes de fichar polo Celta de Vigo. Tamén formou parte dos equipos rivais de Turquía Fenerbahçe e Galatasaray da cidade de Istanbul.

Os seus 2 primeiros anos co Fenerbahçe foron un éxito, deixando ó equipo no 2001 como o campión de Turquía, pero despois perdeu a atención dos dirixentes do club logo de que outros xogadores estranxeiros fosen comprados polo equipo. Haim decidiu marchar, algo que causou moita controversia ó elixir fichar polo equipo rival, o Galatasaray, equipo no que só estivo un ano antes de deixar Turquía.

Na actualidade é un satisfactorio home de negocios e un dos donos do club israelí de fútbol M.S. Ashdod, equipo da súa cidade natal e no que se retirou do fútbol profesional no ano 2004.

Clubs Bnei Yehuda (1990–1993) Hapoel Tel Aviv (1993-1994) Maccabi Haifa (1994-1996) Celta de Vigo (1996-2000) Fenerbahçe (2000-2002) Galatasaray (2002-2003) FC Ashdod (2003-2004)

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Futbolistas de Israel Categoría:Xogadores do Bnei Yehuda Tel Aviv FC Categoría:Xogadores do Hapoel Tel Aviv FC Categoría:Xogadores do Maccabi Haifa FC Revivo Categoría:Xogadores do Fenerbahçe Categoría:Xogadores do Galatasaray SK Categoría:Xogadores do FC Ashdod Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Israel Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Nados no Distrito do Sur