Vito Andolini Corleone é un personaxe ficticio, protagonista do primeiro libro e película da saga O padriño, ademais de semi-protagonista en O padriño II. Encarna ao xefe da familia Corleone, unha mafia siciliana que se atopa na cidade de Nova York, entre os anos 1940 e 1950. Tamén é coñecido polo alcume máis íntimo de Padriño. Este personaxe é protagonista da novela de Mario Puzo titulada O padriño e, foi representado no cine por Marlon Brando en O padriño e por Robert De Niro en O padriño II entre 1972 e 1974.

Na novela o personaxe ten catro fillos: Santino, Constanzia, Frederico e Michael Corleone, ademais de Tom Hagen, que é adoptado. Na película, ten tamén catro fillos, que son Michael Corleone, Santino Corleone "Sonny", Fredo Corleone e Connie Corleone. Ademais de Tom Hagen, que é adoptado. No transcurso da historia só perde a Santino, que é tiroteado nunha casa de peaxe.

Diferentes mortes Vito Corleone falece o 29 de xullo de 1955 á idade de 62 anos, pero a causa da súa morte é diferente no libro e no filme:

Na película: morre xogando co seu neto mentres coidaba as súas plantas. Na novela: morre dun ataque cardíaco nos brazos do seu fillo Michael.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Santino ''Sonny'' Corleone Fredo Corleone

Categoría:Personaxes d'O Padriño