Tesis é o filme español dirixido por Alejandro Amenábar que se estreou no ano 1996. Está protagonizada por Ana Torrent, Fele Martínez e Eduardo Noriega. É a primeira longametraxe de Amenábar. A súa distribuidora é United Universal Pictures e CIA.S.R.C e baséase no guión orixinal de Amenábar sobre un asasinato nunha universidade. Tesis estreouse na sección Panorama do Festival de Berlín e gañou o Premio do Público do Festival de Annecy.
Cun notable éxito de crítica e público, o filme foi rodado mentres Amenábar aínda estaba a estudar na Universidade Complutense de Madrid. Obtivo varios premios, entre eles sete Premios Goya nos que salienta os de mellor película, mellor guión orixinal e mellor director novel.
Sinopse Ángela (Ana Torrent) é unha estudante de imaxe que prepara a súa tese sobre a violencia audiovisual, cara á que non pode evitar sentir certa atracción. A partir de aí, chegará a descubrir o mundo das snuff movies e ata a involucrarse nel máis do que ela desexara.
Personaxes
Ana Torrent como Ángela Márquez Fele Martínez como Chema Eduardo Noriega como Bosco Herranz Xabier Elorriaga como Jorge Castro Miguel Picazo como Figueroa Nieves Herranz como Sena Márquez Rosa Campillo como Yolanda Francisco Hernández como Pai de Ángela Rosa Ávila como Nai de Ángela Teresa Castanedo como Presentadora TV José Miguel Caballero como Conserxe Videoteca Joserra Cadiñanos como Vixilante Julio Vélez como Encargado Tren Pilar Ortega como Encargada C. Vendas Olga Margallo como Vanessa José Luis Cuerda como Profesor 1º Emiliano Otegui como Profesor 2º Walter Prieto como Vixilante Tren Florentino Sainz como Ancián
Premios Goyas 2001 Categoría Persoa ResultadoMellor películaGañadoraMellor dirección novelAlejandro AmenábarGañadorMellor actrizAna TorrentCandidataMellor actor revelaciónFele MartínezGañadorMellor guión orixinalAlejandro AmenábarGañadorMellor dirección de produciónCarlos BernasesGañadorMellor montaxeMª Elena Sainz de RozasGañadoraMellor sonDaniel Goldstein, Ricardo Steinberg, Afonso PinoGañadores
Produción Está rodada, en parte, na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid na que estudou Amenábar. A rodaxe tivo que facerse no mes de agosto, cando estas instalacións quedaban baleiras.
Notas
Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Alejandro Amenábar Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película