Os Premios AGAPI son uns galardóns anuais concedidos pola Asociación Galega de Produtoras Independentes ós profesionais máis destacados do sector audiovisual galego.
A súa primeira edición celebrouse no ano 1996. O día 7 de novembro entregábanse os recoñecementos dentro do marco do Festival de Cine Independente de Ourense.
En 2001, tras cinco edicións, entregábanse por última vez ó ser substituídos polos premios Chano Piñeiro en 2002, e en 2003 polos premios Mestre Mateo.
Galardoados 1996 Premio AGAPI á mellor dirección de fotografía: Sergio Franco por Coruña imposible. Premio AGAPI á mellor interpretación masculina: Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira por Mofa e Befa en Gran liquidación Premio AGAPI á mellor interpretación feminina: Dorotea Bárcena por El baile de las ánimas e María Bouzas por A familia Pita.
1997 Premio AGAPI á mellor actriz: María Bouzas por Un conto triste Premio AGAPI á mellor curtametraxe: Paranoia dixital Premio AGAPI ó mellor guión: Ángel de la Cruz por Paranoia dixital. Premio AGAPI á mellor banda sonora: Paranoia dixital Premio AGAPI á mellor dirección de produción: Amalia Mato por Isolina do Caurel Premio AGAPI á mellor montaxe: Juan Lesta por Isolina do Caurel
1998 Premio AGAPI á mellor curtametraxe: Aínda máis difícil Premio AGAPI á mellor interpretación feminina: Mónica García por Aínda máis difícil Premio Agapi á mellor interpretación masculina: Gonzalo Uriarte por A lingua das bolboretas. Premio AGAPI á mellor dirección artística: Sandra Frantz por Aínda máis difícil Premio AGAPI ó mellor vestiario: María López e Cristina Sánchez por Aínda máis difícil Premio AGAPI á mellor maquillaxe: Raquel Fidalgo, Eva R. Fontenla, Quique Martínez, Elvira Valle e Susana Veira por Aínda máis difícil Premio AGAPI á mellor dirección: Antonio F. Simón por A noiva de medianoite Premio AGAPI á mellor dirección de produción: David Breijo e Carlos Hervella por Aínda máis difícil Premio AGAPI ó mellor guión: Ángel de la Cruz por Aínda máis difícil Premio AGAPI á mellor dirección: Ángel de la Cruz por Aínda máis difícil Premio AGAPI á mellor curtametraxe de animación: Bicho Premio AGAPI á mellor produción multimedia: Bicho Premio AGAPI á mellor produción documental: A palabra no tempo
1999 Premio AGAPI á mellor banda sonora: Manuel Palacios por A rosa de pedra.
2000 Premio AGAPI á mellor interpretación feminina: Cristina Pascual por ''Sandra00"O río ten mans" acapara cinco dos once galardóns dos premios AGAPI artigo en culturagalega.org cos premiados do ano 2000 Premio AGAPI á mellor dirección: Jorge Coira por Chunda chunda Premio AGAPI ó mellor guión: Beatriz del Monte por O río ten mans Premio AGAPI á mellor dirección artística: Genma García por O río ten mans Premio AGAPI á mellor iluminación e fotografía: Ricky Morgade por O río ten mans Premio AGAPI ó mellor son: Alberto Beade e Xosé María Bloch por Divertimento Premio AGAPI á mellor dirección de produción: Carmen de Miguel por Sei quen es Premio AGAPI á mellor produción multimedia: O bosque animado Premio AGAPI ó mellor vídeo industrial e institucional: Café Moderno Premio AGAPI á mellor montaxe: O río ten mans Premio AGAPI á mellor produción de televisión: Mareas vivas Premio AGAPI á mellor produción de publicidade: Mexilón Premio AGAPI á mellor curtametraxe de animación: Ignotus Premio AGAPI á mellor curtametraxe: O río ten mans Premio AGAPI ó mellor documental: Chunda chunda Premio AGAPI á mellor banda sonora: Divertimento Premio AGAPI á mellor interpretación masculina: Miguel de Lira por Mareas vivas Premio AGAPI á mellor longametraxe española: Leo Premio AGAPI á mellor longametraxe galega: Sei quen es Premio honorífico Fernando Rey: Miguel Anxo Fernández Fernández Premio José Sellier: Centro Galego de Artes da Imaxe
Notas
Véxase tamén Outros artigos Asociación Galega de Produtoras Independentes
Ligazóns externas Web da AGAPI
AGAPI