Moulin Rouge! é un filme musical estadounidense-australiano de 2001 dirixido, coproducido e coescrito por Baz Luhrmann. Cont a historia dun poeta inglés, Christian, que namora da estrela do cabaré Moulin Rouge, a actriz Satine. Está ambientado en Montmartre, París e é o derradeiro título da triloxía "Red Curtain" de Luhrmann, despois de Strictly Ballroom (1992) e Romeo + Juliet (1996). Unha coprodución entre Australia e os Estados Unidos, está protagonizada por Nicole Kidman e Ewan McGregor. John Leguizamo, Jim Broadbent e Richard Roxburgh aparecen nos papeis secundarios.

Sinopse O filme está ambientado no París de 1900, onde a modernidade buscaba derrubar o pensamento convencional en todas as áreas (particularmente nas artes). Ten como tema principal o amor. Trata dun novo escritor bohemio, Christian (Ewan McGregor) que namora dunha fermosa cortesá do cabaré Moulin Rouge, Satine (Nicole Kidman). Unha noite, grazas ó azar e a unha serie de malos entendidos, o destino crúzaos. El namóraa coa súa poesía, ela enfeitízao coa luz que irradian os seus ollos. Voan. Pero todo termínase abruptamente, cando a doce Satine advirte a confusión: non era el o millonario duque ó que estaba predisposta a convencer para financiar unha obra de teatro. O novo escritor ofrécelle a ela amor verdadeiro, mentres que o rico nobre ofrécelle cumprir os seus soños de converterse nunha actriz lexítima.

Personaxes

Nicole Kidman como Satine Ewan McGregor como Christian Jim Broadbent como Harold Zidler Richard Roxburgh como The Duke of Monroth John Leguizamo como Henri de Toulouse-Lautrec Jacek Koman como The Unconscious Argentinean Caroline O'Connor como Nini Kerry Walker como Marie Lara Mulcahy como Môme Fromage Garry McDonald como o doutor Matt Whittet como Satie Keith Robinson como Le Pétomane David Wenham como Audrey Kiruna Stamell como La Petite Princesse DeObia Oparei como Le Chocolat Kylie Minogue como The Green Fairy Peter Whitford como The Stage Manager Linal Haft como Warner

Premios Foi nomeada a oito Premios Óscar, dos cales obtivo os dous primeiros: Mellor dirección artística Mellor deseño de vestiario Mellor película Mellor actriz Mellor cinematografía Mellor son Mellor maquillaxe

Ademais, obtivo os seguintes Globos de Ouro en 2002: Mellor actriz de comedia ou musical Mellor banda sonora Mellor película de comedia ou musical

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Baz Luhrmann Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en Sidney Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre prostitución Categoría:Filmes ambientados en 1899 Categoría:Filmes ambientados en 1900 Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes musicais Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical