O paporrubio, tamén coñecido como paporroibo, peizoque,Leandro Carré Alvarellos: Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931. paifoco, pisco ou paparruxa,Vítor Vaqueiro. (Erithacus rubecula) é un pequeno paxaro insectívoro e paseriforme da familia dos muscicápidos, que outrora foi clasificado dentro da familia dos túrdidos. Cun tamaño de 12,5–14,0 cm de lonxitude, o macho e a femia son semellantes en coloración, cun papo laranxa e rostro revestido de capas grises, marróns e unha barriga branca. Está presente en Europa, oeste de Siberia e África do Norte; é sedentario na maioría dos seus hábitats agás nas rexións máis setentrionais.

O termo paporroibo tamén é aplicado a outro paxaro doutra familia con papo alaranxado ou vermello. Trátase do paporroibo real (Pyrrhula pyrrhula), que é unha especie eurasiática da familia dos frinxílidos.

Taxonomía e sistemática esquerda|miniatura|A subespecie E. r. melophilus caracterízase pola rechamante cor do seu papo. O paporroibo foi descrito por Carl von Linné en 1758 na décima edición de Systema Naturae baixo o nome binomial Motacilla rubecula. O seu epíteto específico rubecula é un diminutivo derivado do latín ruber 'vermello'. O xénero Erithacus foi introducido polo naturalista francés Georges Cuvier en 1800, dándolle ó paxaro o seu actual nome binomial E. rubecula. O nome do xénero, Erithacus, provén do grego antigo e fai referencia a un paxaro descoñecido, agora identificado como paporroibo.

Previamente, o xénero tamén incluía as especies Larvivora akahige e Larvivora komadori. Porén, segundo os estudos de filoxenia molecular, estas especies orientais son máis semellantes a outros grupos de aves asiáticas que ó paporroibo. Nunha reorganización do xénero, Larvivora akahige e Larvivora komadori foron trasladados ó recuperado xénero Larvivora, deixando o paporroibo como o único membro de Erithacus. As análises filoxenéticas situaron Erithacus na subfamilia Erithacinae, que antes contiña só especies africanas, pero a súa posición exacta respecto dos outros xéneros non foi resolta.

O distintivo papo alaranxado que amosan ámbolos dous sexos contribuíu ó nome común paporroibo (o laranxa como nome de cor era descoñecido en Europa até o século XVI, cando foi introducida a froita do mesmo nome). Noutras linguas europeas, o seu nome común tamén fai referencia á distintiva cor do papo, como no neerlandés roodborstje, no francés rouge-gorge, no alemán Rotkehlchen, no italiano pettirosso ou no castelán petirrojo.

O paporroibo pertence ó grupo de paxaros principalmente insectívoros que foron chamados de forma distinta como tordos ou "papamoscas", dependendo de en cal dos grupos foron clasificados taxonomicamaente. Eventualmente, o conxunto de aves "papamoscas" foi re-analizado e o xénero Erithacus foi asignado ó grupo de papamoscas semellantes a tordos, a tribo Saxicolini, que tamén inclúe o rousinol.

Subespecies dereita|miniatura|250px|Adulto en Tolosa, Francia. Na súa ampla distribución eurasiática, os paporroibos varían lixeiramente mais non tódalas rexións forman poboacións discretas que poidan ser consideradas subespecies. As subespecies de paporroibo distínguense principalmente por seren poboacións residentes en illas e áreas montañosas. O paporroibo das illas Británicas e o do oeste de Europa, Erithacus rubecula melophilus, tamén é común en rexións adxacentes. E. r. witherbyi do noroeste de África, Córsega e Sardeña parécese moito a melophilus mais cunha lonxitude de ás máis curta. As aves setentrionais son meirandes e de cores máis esvaecidas, coñecidas como E. r. tataricus. Na zona sueste da súa distribución salientan a E. r. valens da península de Crimea, a E. r. caucasicus do Cáucaso e E. r. hyrcanus cara ó sur en Irán, e son polo xeral aceptadas como significativamente diferentes.

En Madeira e os Azores, a poboación local foi descrita como E. r. microrhynchos, e malia que non se distingue na súa morfoloxía, o seu illamento suxire que a subespecie é válida.

Paporroibo das Illas Canarias right|200px|miniatura|Chamada do paporroibo de Gran Canaria. miniatura|esquerda|Adulto e exemplar xuvenil do paporroibo de Gran Canaria. As aves máis diferentes son as de Gran Canaria (E. r. marionae) e Tenerife (E. r. superbus), que poden ser consideradas dúas especies diferentes ou cando menos dúas subespecies distintas. Distínguese axiña por un anel ocular branco, un peito de cor intensa e unha liña agrisada que separa o vermello alaranxado da cor marrón. A súa barriga é completamente branca.

A secuencia do citocromo b e as súas vocalizacións sinalan que os paparroibos de Gran Canaria e Tenerife son bastante distintos e probablemente derivan dunha colonización dende o continente hai 2 millóns de anos.Malia que Dietzen et al. (2003) conclúen que tanto as poboacións de Tenerife como as de Gran Canaria derivan de poboacións continentais e deberían constituír dúas ou ser dúas subespecies de E. rubecula, os seus datos non permiten xerar unha conclusión definitiva. Unha explicación alternativa, na que Tenerife foi colonizada por unha poboación distinta de paporroibos de Gran Canaria, non foi explorada e o modelo proposto baséase soamente na inferencia probabilística. Do mesmo xeito, a datación molecular aparentemente exacta é dubidosa, xa que supón un reloxo molecular que pode ser correcto ou non, e, por suposto, a suposición de que o devanceiro de tódolos paporroibos fose semellante en cor a "superbus" e non ás aves continentais, deducíndose do seu modelo de colonización, é completamente conxetural.

Christian Dietzen, Hans-Hinrich Witt e Michael Wink publicaron en 2003 en "Avian Science" un estudo chamado "The phylogeographic differentiation of the European robin Erithacus rubecula on the Canary Islands revealed by mitochondrial DNA sequence data and morphometrics: evidence for a new robin taxon on Gran Canaria?". Nel, eles conclúen que o paporroibo de Gran Canaria diverxeu xeneticamente dos seus parentes europeos hai 2,3 millóns de anos, mentres que os de Tenerife precisaron medio millón de anos máis para facer este salto, hai 1,8 millóns de anos. A razón máis probable pode ser unha colonización diferente das Canarias por este paxaro, que chegou primeiro á illa máis antiga (Gran Canaria) e despois pasou á illa veciña (Tenerife).César-Javier Palacios, "Hallazgo en Gran Canaria de una especie de petirrojo única en el mundo", Newspaper Canarias 7 (2006) ; consultado o 24 de febreiro de 2015.

Unha comparación completa entre marionae e superbus está pendente de confirmar que a primeira é efectivamente unha subespecie diferente. Os resultados iniciais suxiren que os paxaros de Gran Canaria teñen ás un 10% máis curtas que os de Tenerife. As poboacións máis occidentais das Illas Canarias son máis recentes (Plistoceno Medio) e só están comezando a diverxer xeneticamente. Os paporroibos de El Hierro, La Palma e La Gomera (E. r. microrhynchus) son semellantes ás subespecies de tipo europeo (E. r. rubecula).

Os paporroibos que se poden atopar en Fuerteventura son os europeos, o cal non é sorprendente xa que estas aves non crían nesta illa nin en Lanzarote, senón que son aves de invernía que só pasan por estas illas durante as migracións entre África e Europa.

Outros paporroibos A especie paporroibo real (Pyrrhula pyrrhula) é chamada así polas súas semellanzas co paporroibo, máis as dúas especies non están relacionadas entre si. A súa semellanza reside na mancha alaranxada do seu papo, presente en ámbalas dúas clases de aves.

Descrición miniatura|Exemplar novo, en Sussex. O paporroibo adulto mide entre 12,5e 14,0 cm de longo e pesa entre 16 e 22 g, cunha envergadura de 20 a 22 cm. O macho e a femia teñen unha plumaxe moi semellante; unha cara e papo alaranxados (cunha cor máis intensa na subespecie británica E. r. melophilus), ten unha banda agrisada nos lados da gorxa e o ventre branco. As plumas da parte superior do corpo son marróns, ou cor castaña olivácea nas aves británicas, e a barriga é branca, mentres que as patas e os pés son marróns. O peteiro e os ollos son negros. Os exemplares novos teñen a plumaxe acastañada con manchas e fáltalles a mancha vermella característica dos adultos, que aparece gradualmente.

Distribución e hábitat O paporroibo habita en Eurasia e no oeste de Siberia, no sur de Alxeria e nas illas do Atlántico chegando até os Azores e Madeira. É esporádico en Islandia. No suroeste, chega até o Cáucaso. Os paporroibos de Irlanda e Gran Bretaña son residentes todo o ano mais existe unha pequena minoría, polo xeral femias, que migran cara ó sur de Europa durante o inverno, chegando até a Península Ibérica. Os paporroibos de Escandinavia e Rusia migran cara a Gran Bretaña e o oeste de Europa para fuxir dos duros invernos. Estas aves migratorias poden ser recoñecidas polo ton máis agrisado da súa parte superior e por ter un papo laranxa máis opaco. O paporroibo prefire os bosques de abetos no norte de Europa, mentres que os de Irlanda e Gran Bretaña prefiren as zonas de parques e xardíns.

Os intentos de introducir o paporroibo en Australia e Nova Zelandia a finais do século XIX non foron exitosos. As aves foron liberadas arredor de Melbourne, Auckland, Christchurch, Wellington e Dunedin por diversas sociedades de aclimatación, mais non conseguiron estabelecer ningunha poboación. Houbo intentos semellantes en América do Norte mais ningún deles conseguiu o seu obxectivo despois de liberacións en Long Island, Nova York en 1852, Oregón en 1889–1892, e a península de Saanich na Columbia Británica en 1908–1910.

Comportamento e ecoloxía dereita|200px|miniatura|Paporroibo cun verme no bico. O paporoibo é diúrno, malia que tamén existen rexistros de que é un cazador activo de insectos en noites de lúa ou preto de luces artificiais durante a noite. O paporroibo estivo mellor considerado nunhas partes de Europa que noutras. Por exemplo, nas Illas Británicas sempre foi ben tratado, polo que ten relativamente pouco medo das persoas e séntese atraído polas actividades humanas que implican a escavación do solo, co obxectivo de buscar miñocas e outros alimentos que poidan aparecer. Por este motivo, o paporroibo alí é considerado un amigo do xardineiro e por razóns culturais e folclóricas nunca se lle debe facer dano. Por outra banda, na Europa continental os paporroibos foron cazados e matados como moitas outras especies de paxaros, polo que a súa conduta é máis cautelosa. Os paporroibos tamén se achegan a grandes animais salvaxes, como o xabaril e outros animais que fozan no terreo, para buscar calquera comida que puidese asomar na superficie. En outono e inverno, substitúen a súa dieta habitual de invertebrados terrestres como arañas, vermes e insectos, por bagas e froitas. Tamén poden comer mesturas de sementes que se poñen en comedeiros de aves.

Os paporroibos machos teñen un comportamento territorial altamente agresivo. Atacan con ferocidade a outros machos e competidores que se adentran nos seus territorios e teñen sido vistos atacando outras aves pequenas sen aparente provocación. Tales ataques ás veces supoñen mortes, o que representa até o 10% das mortes de paporroibos adultos nalgunhas áreas.

Por mor da alta mortalidade no primeiro ano de vida, os paporroibos teñen unha esperanza de vida de 1,1 anos; porén, unha vez pasado o seu primeiro ano pode chegar a vivir máis e tense rexistrado un paporroibo que alcanzou os 19 anos de idade. Unha tempada de temperaturas moi baixas en inverno tamén pode resultar nunha mortalidade significativa. Esta especie é parasitada pola pulga Dasypsyllus gallinulae.

Reprodución miniatura|esquerda|Pito de paporroibo. miniatura|dereita|Niñada de paporroibo. thumb| Cuculus canorus + Erithacus rubecula