Véxase o artigo principal: cabalo.

O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do cabalo (maila besta e o poldro) na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Tendo presente que o termo besta non só designa a egua senón tamén a calquera animal de carga, especialmente os équidos, non se pode asegurar que algunha das seguintes manifestacións non se aplique realmente a mulas e burros.

A rapa das bestas

A Rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crina dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.

A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da rapa das bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.

Fraseoloxía Léxico Cabalo: nome festivo do suco Elixio Rivas Quintas (1978).. Cabalo do demo, cabaliño do demo: libélula. Cabalo da quiobra: libélula . Cabalo de mar, cabalo do mar, cabaliño de mar : peixe cuxa cabeza asemella o perfil dun cabalo (Hippocampus sp.) Carme Ríos Panisse (1977). Cabalo mariño: animal fantástico con corpo de cabalo e cola de peixe Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.. Cabalo ruán: barbantesa (Mantis religiosa) . Cabalo macho: peixe da familia dos gádidos, coñecido como fodón (Trisopterus minutus, antes Gadus minutus) Carme Ríos Panisse (1977).. Esporas de cabaleiro: planta (Delphinium sp.) E. Losada, J. Castro e E. Niño (1992).. Rabo de cabalo: planta da orde das Equisetales (Equisetum sp.) . Cabaleiro: ringleira de herba, mes, etc., que deixa o segador tras de si . Cabalo de vapor: cabalo de vapor, unha unidade de potencia da forza motriz das máquinas Cabalos: nubes de treboada que aparecen frecuentemente no verán, Rivas Quintas recolle este refrán meteorolóxico por terras de Maceda: Se os cabalos corren pra Viana, culle os bois e vai á arada; se corren pra Quiroga, culle os naipes e xoga, no que cabalos é metáfora por nubes Elixio Rivas Quintas (2001).. Poltro da auga: nome vulgar dos petos ou pícidos Constantino García González.. Uña de cabalo: molusco máis coñecido como peneira ou orella de mar (Haliotis sp.) Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos.. Uña de cabalo: molusco coñecido como nacra ou navallón (Pinna sp.) .

Locucións miniatura|Ter forza coma un cabalo

A cabaleiro: montado sobre as costas doutro. Tamén se di ó cabaleiro. A cabaliño: ver a cabaleiro. A cabalo, de cabalo: montando sobre un cabalo. A uña de cabalo: fuxir a todo correr. Alma de cabalo: dise dunha persoa sen escrúpulos. No cabalo de san Francisco: a pé. Pode usarse cos verbos andar, ir, etc.

Refraneiro Dous cabalos rifadores, non poden xuntos comer|miniatura

A besta amatada, de lonxe ve vir a albarda. Á besta axionllada ponlle máis carga. Á besta boa, dálle vara i espora. Á besta cargada, a cincha mátaa. Á besta comedora, pedras na cebada. A besta e a muller, que a preste quen quixer. Á besta golosa, taleiga de area.

Cantigueiro A Tupina do Rixón,/ canta de alegre na Vila;/ o cabalo do pintor/ recáchalle o rabo arriba Xaquín Lorenzo Fernández, 51. A Vila é un lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira no concello de Lobeira.. Aquile que anda no baille,/ aquile que entrou agora,/ vaille a besta na ribeira/ busca-lo viño prá voda! Xaquín Lorenzo Fernández, 44. No orixinal: buscalo, boda.. Arriba, cabalo mouro,/ lévame desta laguna;/ anque son filla dun probe/ non me troco por ningunha Xaquín Lorenzo Fernández, 45. No orixinal: de esta, de un.. Arrieiros, os de Calvos,/ que pasades pola estrada,/ tende coidado coas bestas/ no lugar de Fontarcada Xaquín Lorenzo Fernández, 45. Santiago de Calvos, parroquia de Bande; Fonte Arcada, lugar da parroquia de San Martiño de Aguís, concello dos Blancos, aínda que Xaquín Lorenzo sitúa esta parroquia en Xinzo. O Dicionario da Real Academia Galega de 1913 recollía esta cantiga así: Arreeiros, os de Calvos/ Que paseades a estrada;/ Tede cuidado co-as bestas/ No lugar de Fontercada.. Ben cho dixen, Catuxiña,/ que non foses a Santiago,/ que te habías de asustar/ de ver o Santo a cabalo Xaquín Lorenzo Fernández, 53.. Cabaleiro que vas da cabalo/ malo fogo che salte no rabo/ tres en riba, tres en baixo/ inda caedes do cabalo en baixo. Cabaliño como o meu/ nono ten o rei de España;/ para mudar unha perna/ necesita unha semana. Canto me pideche/ estáche perdonado,/ pon o pé no estribo,/ monta de a cabalo. Conceución e Benitiña/ ambas eran tecedeiras:/ das orellas do cabalo/ farémoslle as lanzadeiras Xaquín Lorenzo Fernández, 64.. Costureiriña bonita,/ arrechégate a este valo/ quéroche contar un conto:/ o conto do meu cabalo. Eu ben cho dixen, meniña,/ que non foras a Santiago,/ que te habías de asustar/ de ver o Santo a cabalo Xaquín Lorenzo Fernández, 79.. Eu xa vin esta-lo demo/ dacabalo dunha bruxa:/ o demo calca que calca,/ a bruxa puxa que puxa Xaquín Lorenzo Fernández, 84. No orixinal: vín, estalo, de unha.. Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ vintecinco escribanos/ da cabalo dun raposo. O cabalo do pintor,/ aquile das pernas blancas,/ a Tupina do Rixón/ átalle o rabo con tranzas Xaquín Lorenzo Fernández, 115.. O crego vendeu a besta/ por lle non da-la cebada/ i agora vai ós enterros/ dacabalo da criada Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: dala.. Pasei a Ponte de Ourense/ e paseina dacabalo;/ vin unha troita no río/ i atireille cun zapato Xaquín Lorenzo Fernández, 128. No orixinal: paséi. Refírese á ponte romana de Ourense, a Ponte Vella. O arco central da ponte foi reconstruído polo bispo Lourenzo (1218-1248), despois de moito tempo de estar caído. Mentres non se arranxou, o Miño cruzábase por dúas barcas, unha do concello, no mesmo lugar da ponte, e outra do Cabido, no Portovello. Xaquín Lorenzo transcribe unha cantiga asturiana que acredita a existencia desas barcas: "Pasé la barca de Orense,/ pasela de madrugada,/ pasela en el mes de enero/ cuando llovía y nevaba", cantiga que pode falar daquel período de tempo ou ser máis moderna e falar doutra barca que cruzase o río durante momentos de reparacións ou interrupción do paso (Xaquín Lorenzo Fernández, 258).. Pasei pola túa porta/ co meu cabalo correndo/ e vin a toda túa xente/ i a costureira cosendo Xaquín Lorenzo Fernández, 129. No orixinal: paséi.. Quen te me dera, rapaza,/ en donde xa tuven outra,/ enriba do meu cabalo/ cuberto coa miña roupa. Servir ó rei, quiridiña,/ servir ó rei ¡gran regalo!/ servir ó rei, quiridiña,/ ¡nin da pé, nin da cabalo! Servir ó rei, queridiña,/ servir ó rei, ¡qué regalo!;/ servir ó rei, queridiña,/ ¡nin da pé nin da cabalo! Si ti viras o que eu vin/ alá riba, en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo. Si ti viras o que eu vin/ no monte do Monterroso,/ máis de sesenta mil corvos/ da cabalo dun raposo. Vállame Dios si caera/ aquel que vai da cabalo/ ¡o que me había de rir/ aínda que estou apesarado! Adiviñas ...o cabalo|miniatura Anda no campo,/ ferro no pé/ e cabalo non é (o muíño) Branco no medio,/ estribo no pé,/ rincha que rincha/ e cabalo non é (o tear) Campo branco/ flores negras/ un arado/ e cinco égoas (a man escribindo) Catro cabalos correndo/ un tras doutro/ e non poden coller/ un ó outro (a debandoira) Catro cabalos/ camiño de Francia,/ un tras do outro/ e ningún o alcanza (a debandoira) Catro cabalos/ van cara a Francia,/ corre que corre/ e nunca se alcanzan (a debandoira) Catro cabalos/ van cara a Francia,/ un detrás dos outros/ e nunca se alcanzan (a debandoira) Catro cabalos/ van para Francia./ Un tras doutro/ e ningún se alcanza (a debandoira) No medio daquel campo/ hai un cabalo branco,/ calciño dun pé/ e cabalo non é (o muíño) ¿Que cousa cousiña é: está entre dous penediños/ e relincha como os cabaliños? (a campá) Téñoche gordo,/ máis o quixera,/ aínda que entre as pernas/ non me collera (o cabalo)

Notas

Véxase tamén Bibliografía GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. Losada, E., Castro, J. e Niño, E.: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia 1992. RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977. RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978. Elixio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. : Obra de 660 pliegos'' (1762).

cabalo