O 5 de novembro é o 309º día do ano do calendario gregoriano (310º nos anos bisestos). Quedan 56 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1605 - En Inglaterra, Guy Fawkes é arrestado por participar na conspiración da pólvora. 1854 - Batalla de Inkerman durante a guerra da Crimea. 1876 - Publícase no Tio Marcos d'a Portela o primeiro anuncio publicitario en lingua galega, de Máquinas pra coser d'a compañía fabril Singer Deputación de Pontevedra .. 1910 - en Polonia fundase o club de fútbol polaco Widzew Łódź. 1914 - o Reino Unido anexa Chipre e, xunto con Francia, declara a guerra ó Imperio Otomán. 1920 - Atopan na cidade galega de Santiago de Compostela un retrato de Carlos IV pintado por Goya.
Nacementos miniatura|100px|Alessandro Malaspina. 1548 - Philippe de Mornay, escritor francés. 1754 - Alessandro Malaspina, nobre e mariño italiano (m. 1809). 1830 - Ramón García Vicetto, xornalista e escritor galego (m. 1907). 1859 - Uxío Carré Aldao, libreiro e escritor (m. 1932). 1859 - Manuel García Prieto, político español (m. 1938). 1887 - Elpidio Villaverde, político galego. 1892 - J. B. S. Haldane, xenetista e biólogo evolutivo inglés (m. 1964). 1926 - John Berger, escritor inglés (m. 2017). 1927 - José Manuel González Páramo, sociólogo e político galego. 1927 - Emilio Lledó, filósofo español. 1943 - Sam Shepard, actor e dramaturgo estadounidense. 1952 - Teresa Rabal, cantante e actriz española. 1963 - Tatum O'Neal, actriz estadounidense. 1968 - Aitana Sánchez-Gijón, actriz española. 1976 - Diego Ameixeiras, xornalista e escritor galego.
Mortes miniatura|100px|James Clerk Maxwell. 1559 - Kanō Motonobu, pintor xaponés. 1867 - Leopoldo O'Donnell, militar e político español, presidente do Goberno de España. 1879 - James Clerk Maxwell, físico escocés (n. 1831). 1887 - Camilo Placer Bouzo, xornalista e escritor galego (n. 1854). 1936 - Cipriano Fernández Brage, político galego. 1944 - Alexis Carrel, biólogo, médico e investigador francés (n. 1873). 1955 - Maurice Utrillo, pintor francés. 1963 - Luis Cernuda, poeta español. 1977 - René Goscinny, debuxante de banda deseñada francés. 1982 - Jacques Tati, cineasta francés (n. 1907). 1984 - Manuel Rodríguez Saa, Conde de Waldemar, ilusionista galego. 1999 - Antón Fraguas, historiador e antropólogo galego (n. 1905). 2010 - Jutta Burggraf, teóloga católica alemá (n. 1952).
Festas e celebracións Día Internacional da Lingua Romaní Día Mundial de Concienciación sobre os Tsunamis
Outros Santoral: Santa Silvia.
Notas
Os 366 días do ano
05