Bassas da India (; ) é un atol deshabitado e aproximadamente circular de 0,2 km² de superficie, o que o constitúe na porción de terra máis pequena rodeada por auga. Situado no sur do Canle de Mozambique, aproximadamente a medio camiño entre Mozambique e Madagascar (uns 385 km máis ao leste) e a uns 110 km ao noroeste da Illa Europa. Está administrado por Francia, orma parte do grupo das illas dispersas do Océano Índico como parte das Terras Austrais e Antárticas Francesas, aínda que é reclamado por Madagascar. O bordo do atol ten unha media de 100 m de ancho e encerra unha lagoa pouco profunda cunha profundidade non superior a 15 m. En xeral, o atol ten uns 10 km de diámetro, elevándose abruptamente desde o fondo mariño 3000 m. debaixo para rodear unha área (incluíndo a lagoa) de 80 km². A súa zona económica exclusiva, de 123700 km² de tamaño, é contigua coa da Illa Europa.

O atol está formado por dez illotes rochosos áridos, sen vexetación, cunha superficie total de 20 ha. Os dos lados norte e leste teñen unha altura de 2´1 a 3 metros, mentres que os dos lados oeste e sur teñen unha altura de 1´2 m.. O arrecife, cuxa costa mide 35,2 km, está totalmente cuberto polo mar desde tres horas antes da marea alta ata tres horas despois. A rexión tamén está suxeita a ciclóns, o que converte o atol nun perigo marítimo a longo prazo e no lugar de numerosos naufraxios. Ecoloxicamente, pertence á ecorrexión denominada matogueira xerófila das illas Europa e Bassas da India.

O monte submarino Jaguar e o monte da mesa Hall atópanse a uns 40 e 70|km. máis ao suroeste.

Historia Bassas da India avistouse por primeira vez por exploradores portugueses a principios do século XVII como "Baixo do Judío" ("Baixos do Xudeu"). O Judío ("Xudeu", pola ascendencia do seu propietario Fernão de Loronha era o nome dun barco portugués que encallou neste arrecife. Este barco chamábase "judío", xa que o seu propietario era un comerciante xudeu de Portugal. O nome converteuse en Bassas da India, debido a erros de transcrición dos cartógrafos. O "Santiago" afundiuse no baixou en 1585.

Foi redescuberto polo Europa en 1774, de aí o nome "Europa Rocks".. O Malay perdeuse o 27 de xullo de 1842 nas Europa Rocks.

En 1897, o baixo converteuse nunha posesión francesa, pasando posteriormente á administración dun comisario residente en Reunión en 1968. Madagascar independizouse en 1960 e reivindica a soberanía sobre o baixo desde 1972.

Desde o decreto do 3 de xaneiro de 2005, as illas dispersas e polo tanto Bassas da India están baixo a autoridade do administrador superior das Terras austrais e antárticas francesas con base en Saint-Pierre (Reunión). Considerado como un dominio privado do estado, non forma parte da Unión Europea.

Madagascar reclama a soberanía sobre Bassas da India. A cuestión é económica e marítima, pois a pesar do pequeno tamaño do atol, a zona económica exclusiva é extensa con 123.700 km² de superficie.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sailing Directions: East Africa and the South Indian Ocean French Southern and Antarctic Lands . The World Factbook. Central Intelligence Agency..

Categoría:Illas de Francia