A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos bosques e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos roedores, aos que persegue ata nos seus tobos, debido á súa delgadez.
As donicelas poden presentar sorprendentes variacións de tamaño. Estas débense, por unha banda, ao dimorfismo sexual, xa que as femias son bastante máis pequenas que os machos e, por outra, á existencia nas poboacións de individuos de tamaño moi reducido, considerados ata hai pouco como pertencentes a unha especie autónoma.
As donicelas viven en toda Europa, excepto en Irlanda, algunhas illas do mar Mediterráneo e Islandia. Tamén se atopan no norte de África e en toda a zona tépeda asiática ata o Xapón. Vexáse o mapa de distribución en Galicia embaixo.
A donicela na mitoloxía miniatura|300px|esquerda|O parto de Alcmena. Ó fondo á dereita vese a Ilitía castigando a Galantis (gravado para unha Metamorfose de 1581) Zeus deixou embarazada a Alcmena de Heracles, e prometeu o trono de Micenas ó primoxénito da estirpe de Perseo, dando por suposto que sería o seu fillo. Pero Hera, a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto ordenando á súa filla Ilitía (deusa dos partos e, polo tanto, das comadroas) que o detivese, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto de Euristeo, fillo de Esténelo e Nícipe. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Irritada polo engano, Ilitía converteu a Galantis en donicela e condenouna a parir pola boca, por ter unha boca mentireira. Pero mentres tanto, naceu Euristeo e recibiu o trono de Micenas.
Nunha das Fábulas de Esopo cóntase que unha donicela namorouse dun mozo e, para vivir con el, pedoulle a Afrodita (deusa do amor) ser transformada en muller. A deusa concedeuno e o mozo, cando a veu tan fermosa, namorouse tamñen dela. Estando os dous na cama, veu Afrodita e soltou na habitación un rato, pois quería comprobar se, ademais das formas tamén cambiara de comportamento. O caso é que a moza, cando veu o rato, saltou sobre el para comelo, pois conservaba as mañas de antes, e Afrodita, disgustada, devolveuna ó seu estado orixinal. A ensinanza da fábula é que os que son malos por natureza, sempre o serán aínda que melloren de aspecto.Reigosa, 83-84.
Nalgún bestiario medieval afírmase que a donicela preña pola orella e pare pola boca, ou ó revés: preña pola boca e pare polas orellas; se pare pola orella dereita, será un macho, e se pare pola orella esquerda, unha femia.El Fisiólogo, 106. A tradutora, Nilda Guglielmi, explica esta estraña conduta pola observación de que a donicela trasporta ás súas crías na boca (nota 162, px. 162). El Fisiólogo aconsella non comer nunca da donicela, considerada animal inmundo:
A donicela na cultura popular galega Ese pesar foi por hua bestiola que muit'amava el Rei, que sigo tragía e a que mui ben criava a que chaman donezya os galegos.Cantiga 354 das Cantigas de Santa María.
Crese que a trabada da donicela é mortal, porque almacena veleno nos seus dentes Obviamente, nin existe tal veleno nin a mordedura resulta mortal.. Mesmo o seu bafo é daniño. Esta perigosidade da mordedura da donicela quedou amplamente recollida no refraneiro galego. Bebíades de boa gana, se non fora a donicela .Artigo sobre a donicela no Portal das Palabras da RAG. Donicelas a trabar, campaíñas a tocar Se che pica unha doniña, vas dereito para a caixiña; e se che pica un escorpión, vas para o caixón. Se te morde a donicela, busca camisa pra terra. Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra. Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
Teñen sona de seren moi agresivas, sobre todo contra as mulleres, especialmente cando visten de vermello, e que se se senten cercadas saltan á cara da xente. Pero se se lle din cousas como "Donosiña, garridiña" ou "Donicela, bonitiña", queda quieta balanceándose con moita fachenda; pola contra, persegue sen descanso a todo aquel que fale mal dela.
Tamén se supón que se chegan a morder no ubre dunha vaca ou dunha cabra, estes animais deixarán de dar leite.
Utilizouse na medicina tradicional para curar a epilepsia, bebendo o seu sangue ou dando de comer ó enfermo o cerebro do animal. Tamén comer a súa carne, cocida, cura determinadas doenzas. Outras crenzas admiten que se se dá de comer o corazón ou a lingua deste animal a un can, este perderá a voz e non volverá ladrar. Ou que unha cataplasma feita coas cinzas da donicela cura a dor de cabeza e as cataratas (segundo cita Marcial Valladares).
Crese que a mirada da donicela ten carácter hipnótico, así como que pode transmitir mal de ollo (pero este pode evitarse se é a persoa quen a ve primeiro, antes de que sexa a donicela quen mire á persoa).
A donicela é quen de curarse da picadura dunha víbora. Para iso busca unha herba chamada saramago, sobre a que se refrega e come algunhas follas, curando completamente. Deféndese dos ataques de cans e gatos emanando un cheiro moi desagrdable.
Crese que hai tempo foi domesticada polos homes para aproveitar a súa habilidade cazando ratos. Pero o caso é que andaba a saltos dun sitio a outro e acababa por romper os pratos. Por iso foi substituída nas casas polo gato.Reigosa, 82. Por estas actividades considérase cousa boa que anden ó redor das casas.
Nomes en galego O etnógrafo Antonio Reigosa afirma que "é o animal con máis nomes vulgares en galego e en tódalas linguas ibéricas", e relaciona 29 nomes comúns deste animal. Xesús Alonso Montero xa destacara esta influendia na lingua galega:
Donicela e as súas variantes derivan do latín domina que deu dona en galego e da súa variante domnicilla que deu doncela, aínda que se perdeu a identificación coa orixe etimolóxica, o que se manifesta na gran cantidade de formas deturpadas.Ana Acuña e José Luis Garrosa “Os nomes dos animais, das doenzas e doutros elementos relacionados coas crenzas en Galicia: estudo comparativo” Culturas Populares nº 2 (maio-agosto 2006)
Derivadas de dona: adelociña,Varios autores no Dicionario de Dicionarios, s. v. donicela. delonciña, delosiña, delunciña, denidelaRecollida en Hermisende (Zamora): Luis Cortés Vázquez (1954) El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario Universidad de Salamanca, denociña, denosiña, denouciña, denuciña, denunciela, denunciña, dernicela, dinicela, dinoncela, dinucela, dinuciña, dolosiña, dona, dona das paredes,Frei Martín Sarmiento explica que "Os galegos chámana vulgarmente 'donosiña'. E en Caldelas 'dona das paredes'. Corresponde o 'donnola' dos italianos" (Obra de 660 pliegos, 1762 e ss). En castelán no orixinal.. dondicellaRecollido en Boal: Menédez Pidal Orígenes del español, p. 401, donexina, donicella, donidelaRecollida en Calabor (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954): El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario Universidad de Salamanca, doniña, donirla, donisela, donociña, donosiña, donuciña, dunicela, durusiña, denunciña, dorronciña, berrenciña, zaranciña, filliña, dindela, dinderela, dinderiña, garridiña ou gunicela.
Relacionada coas anteriores está a forma dama das paredes.Recollida en Pías (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954) El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario Universidad de Salamanca Mais tamén recibe nomes de orixes diferentes como farridiña, feiticeira, galana, galaniña, garridiña, listiña, lusiña das paredes, pombiña, preciosiña ou ruliña.
Tamén se lle chama borrallenta, como se observa nestas fórmulas protectoras. "Denociña, borrallenta, come pan e non sementa" "Donicela, torresmeira, borrallenta, donicela calderona, malo raio que te coma"
En todo caso, tamén se di que non se debe pronunciar o seu nome, porque facelo atrae a mala sorte. En Irlanda crese isto mesmo, pero aplicado concretamente ós mariñeiros que saen a pescar; e en Alemaña chámana, por este mesmo motivo, a besta sen nome.
Non existe en galego derivado ningún do mustela latino malia incluír Cuveiro mustela no seu dicionario, non se rexistrou en ningunha recollida léxica.Emilio Montero "El eufemismo en Galicia. Su comparación con otras áreas romances" Verba Anexo: 17-18, p.156
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
Ligazóns externas Ficha técnica e guía sobre a donicela [consultado o 27.04.2026] Mustela nivalis (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) [consultado o 27.04.2026]
Categoría:Mustélidos Categoría:Taxons descritos por Linné