Acasto, fillo de Pelias, foi rei de Iolco, na Tesalia. Foi un dos homes que acompañaron a Xasón e os argonautas.
Mito Enviou a Medea e Xasón ao exilio acusados da morte de seu pai e dispuxo a celebración de grandes xogos nos que interveu Peleu. Astidamia, muller de Acasto, namorouse de Peleu, pero ao non acceder este aos seus desexos acusouno de tentar seducila. Para se vingar Acasto convidouno a unha cacería, rouboulle a espada marabillosa que lle dera Hefesto e abandonouno entre os centauros no monte Fella, pero foi salvado por Quirón, sabendo que tiña que ser o pai de Aquiles.
Peleu, axudado por Xasón, marcha entón contra Iolco e remata coas vidas de Acasto e Astidamia, entregando o reino de Iolco a Tesalio, fillo de Xasón.
Categoría:Homes na mitoloxía grega