miniatura|dereita|180px|Gando bravo en Chillingham. Sir Edwin Henry Landseer, nado o 7 de marzo de 1802 e finado o 1 de outubro de 1873, foi un pintor e escultor inglés da época vitoriana, famoso sobre todo polas súas pinturas de escenas de animais, aínda que a súa obra máis coñecida son as estatuas de leóns en Trafalgar Square, Londres.
Traxectoria Landseer comezou a súa carreira como pintor no 1815, á idade de trece anos, expondo na Royal Academy, da cal viría ser membro once anos despois.
Moi esquecido na actualidade pola empalagosería dos seus cadros, foi porén na súa época un pintor famoso, cuxos cadros eran moi cotizados.
miniatura|150px|dereita|Un dos catro leóns ao pé da columna Nelson.
Outros datos Sobre a prolífica capacidade pictórica de Landseer, dicíase, burlonamente, que era quen de pintar con ambas mans á vez, p.ex., que era capaz de pintar a cabeza dun cabalo coa dereita e o rabo coa esquerda.
Véxase tamén
Categoría:Pintores do Reino Unido Categoría:Nados en 1802 Categoría:Finados en 1873 Categoría:Escultores do Reino Unido Categoría:Escultores do século XIX Categoría:Nados en Londres