miniatura|dereita|200px|Marcel Marceau Marcel Mangel, coñecido como Marcel Marceau, nado en Estrasburgo o 22 de marzo de 1923 e finado o 22 de setembro de 2007, foi un mimo francés.

Na súa memoria, o 22 de setembro celébrase o Día Internacional do Mimo.

Traxectoria Comezou a súa carreira como mimo en Alemaña, actuando para as tropas francesas de ocupación, logo da segunda guerra mundial. Tras esa incursión na arte dramática decidiu estudar esta disciplina no Teatro Sarah Bernhardt de París.

O seu personaxe máis famoso era Bip, que tiña a cara pintada de branco e levaba uns pantalóns moi anchos e unha camisa de raias, cunha chisteira moi vella da que saía unha flor vermella.

Véxase tamén Ligazóns externas Fundación Marcel Marceau

Categoría:Mimos Categoría:Nados en Estrasburgo Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2007