Basilio Álvarez Rodríguez, nado en Ourense o 10 de agosto de 1877 e finado en Tampa (Florida) o 15 de novembro de 1943, foi unha das figuras máis destacadas do movemento agrario galego.

Traxectoria Nado en Ourense en 1877,Durán, 1973, p. 21Tezanos Gandarillas, 1997, p. 152. o 10 de agosto,Valcárcel, 1991, p. 13 era fillo de José Álvarez, un ferreiro artesán. Estudou no Instituto ourensán e logo iniciou a súa carreira eclesiástica no Seminario Conciliar de San Fernando. Dirixiu a revista La Galerna. Foi ordenado sacerdote o 19 de marzo de 1902.Tezanos Gandarillas, 1997, pp. 152-153 Foi párroco de Parada de Labiote de 1902 a xuño de 1905. Polo 1907 marchou a Madrid,Cabo Villaverde, 2013, p. 114Tezanos Gandarillas, 1997, p. 154 mais polo 1912, xa estaba de novo en Galicia, en concreto en Beiro.Cabo Villaverde, 2013, p. 115Durán, 1973, p. 22Tezanos Gandarillas, 1997, p. 158miniatura|Igrexa parroquial de Beiro.|esquerdaFormou parte xunto personalidades como a Manuel Portela Valladares e Alfredo Vicenti do grupo de intelectuais e políticos residentes na capital do Estado que se reunían para debater sobre os problemas de Galiza, grupo que constitúe as orixes de Acción Gallega (1910). Precisamente, el foi un dos fundadores desta asociación agraria. Malia a súa actividade política e a súa clara postura a prol dos labregos non foi visto con bos ollos por parte do bispado, o que lle custou a perda da súa parroquia. Desde ese momento, abandonou a Igrexa e comezou a vivir da avogacía, sen abandonar a causa agrarista. De feito, foi determinante para que Ramón Cabanillas (autor do himno de Acción Gallega) comezase a colaborar co movemento agrario. En 1928 foi nomeado Fillo Predilecto de Ourense.

miniatura|150px|Basilio Álvarez en Mundo Gráfico. A comezos da década de 1930, ingresou no Partido Republicano Radical de Alejandro LerrouxVicente Algueró, 2012, p. 312Tezanos Gandarillas, 1997, pp. 167-168 e, en 1931, coa instauración da Segunda República, nas eleccións xerais de xuño de 1931, conseguiu ser deputado nas Cortes Constituíntes. Abandonou o partido en abril de 1935 e presentouse como candidato centrista aos comicios de febreiro de 1936 nos que non conseguiu escano. O golpe de estado de Francisco Franco e o estalido da guerra civil (1936-1939) sorprenderon a Basilio Álvarez en Madrid, onde tiña o seu despacho de avogado. Sentíndose ameazado polos dous bandos viuse obrigado a se exiliar a América (Arxentina nun primeiro momento, logo Cuba e finalmente os Estados Unidos de América).

Durante a súa estadía en Buenos Aires colaborou, a pesar dunha diabetes moi aguda, no xornal arxentino Crítica. Os seus artigos foron recopilados ao ano seguinte no libro España en crisol, onde Basilio Álvarez lembraba o final do período republicano e denunciaba as barbaridades perpetradas pola represión franquista e a incapacidade dos propios políticos republicanos.

Basilio Álvarez morreu no Hospital do Centro Español de Tampa.

Carreira xornalística miniatura|300px|Banquete da redacción de El Debate ó seu exdirector Basilio Álvarez, en 1912 (27 de xuño de 1912, en Nuevo Mundo.)|esquerda Basilio Álvarez amosou interese polo xornalismo desde moi novo. Estivo vinculado a xornais ourensáns como La Nueva Época, diario católico silvelista, e La Galerna. Tamén traballou para El Eco de Orense, o xornal que dirixía Valentín Lamas Carvajal.Cabo Villaverde (2023), pp. 36-37 miniatura|Anuncio de La Zarpa. En 1907 trasladouse a Madrid onde colaborou co centro galego e coa revista Galicia. Participou tamén na fundación do diario madrileño El Debate que mesmo dirixiu entre outubro de 1910 e xullo de 1911. Abandonou entón a dirección do xornal para aceptar a oferta do bispo de Ourense Eustaquio Ilundáin e facerse cargo da freguesía de Beiro, o cal lle valeu o sobrenome de "o cura de Beiro".

El libro del periodista, aparecido en 1912, serviu a Basilio Álvarez como tribuna onde expoñer o seu xeito de entender o xornalismo. Defendía un periodismo combativo e enérxico, feito desde a rúa e con afán de apostolado, no que prevalecese a inmediatez e a síntese.

Xa moi determinado na defensa do movemento agrario, emprende en 1913 a edición do xornal El Heraldo Gallego, editado en Ourense e dirixido por Manuel Lustres Rivas. As autoridades eclesiásticas reaccionaron de xeito irado contra a publicación e denunciaron a participación do crego en mitins políticos. Finalmente o bispo suspendeu a divinis a Basilio Álvarez que así abandonaba a parroquia para licenciarse logo en Dereito. A partir deste momento só se dedicou á avogacía, ó xornalismo e á política. En febreiro de 1918 dirixiu o efémero xornal La Raza, editado en Ourense por Luis Antón del Olmet como propaganda da súa candidatura para deputado a Cortes polo distrito de Verín.

La zarpa En xullo de 1921 iniciou a máis destacada das súas aventuras xornalísticas coa publicación do xornal ourensán La Zarpa, que foi o gran diario agrario da época. Colaboraron nel non só os principais líderes agrarios senón tamén a maioría dos escritores galeguistas como Castelao, Vicente Risco, Ben-Cho-Shey, Arturo Noguerol, os irmáns Antón e Ramón Villar Ponte etc. Acolleu ademais nas súas páxinas a un moi amplo abano de tendencias ideolóxicas dentro do progresismo. Durante a Segunda república (1931-1936), o xornal perdeu esa amplitude ideolóxica e converteuse en portavoz do propio Basilio Álvarez, deputado polo Partido Radical, e en defensor dos intereses desta formación política.

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foron intervidos os talleres e a redacción do xornal, que se seguiu publicando durante uns días pero cos novos símbolos falanxistas e con fins propagandísticas a favor dos golpistas. Ao mesmo tempo foi intervido o Círculo Basilista, sociedade que reunía aos seus adeptos, e o seu retrato máis famoso, feito por Francisco Lloréns, foi arrastrado polas rúas ourensás a xeito de escarnio público. A rúa que levaba o seu nome foi logo chamada de Capitán Eloy, ata o ano 2008 en que foi rebautizada coma Rúa da Concordia.

Obras El cura rural (1904), folleto, impreso en Ourense na imprenta de A. Otero. Por los agros celtas (1907). Hablando con los santos (1909). El libro del periodista (1912). Abriendo el surco (1913). A Virxe e a paisanaxe (1914). España en crisol (1937).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados. Histórico de Deputados 1810 - 1977 Caricatura feita por Castelao cara 1913 (Museo Provincial de Pontevedra)

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega