Funafuti é un atol no que se atopa a capital e principal centro económico do país insular de Tuvalu. Ten unha poboación de 6.025 persoas, polo que é o atol máis poboado do país, co 56,6 por cento da poboación de Tuvalu.
Ás veces, a capital de Tuvalu é referida como Fongafale ou Vaiaku. Con todo, todo o atol de Funafuti é oficialmente a capital.
Funafuti está situada no atol máis grande do pequeno país. Desde o atol, expórtase copra e outros moitos froitos tropicais. O atol carece de recursos naturais, polo que os habitantes da zona confían na agricultura de subsistencia e na pesca.
O único hotel de Tuvalu está situado moi preto de Funafuti, na localidade de Fongafale.
O atol de Funafuti tamén ten aeroporto.
Xeografía O atol é un anel formado por unha estreita franxa de terra, de entre 20 e 400 metros de largo, que rodea unha gran lagoa central (Te Namo) de 18 km de longo e 14 km de largo. A profundidade media da lagoa Funafuti é de aproximadamente 36,5 metros. Cunha superficie de 275 km², é de lonxe a lagoa máis grande de Tuvalu.
Ten 33 illotes e a superficie total terrestre suman 2,4 km², menos do un por cento da superficie total do atol. Os buques de carga poden ingresar á lagoa de Funafuti e atracar nas instalacións portuarias de Fongafale.
Illas de Funafuti Estímanse 33 illas no atol. A maior delas é Fongafale, seguida de Funafala. Polo menos hai tres illas que están habitadas, as cales son Fongafale, a principal illa ao leste, Funafala, no sur, e Amatuku, ao norte.
Amatuku Avalau Falaoigo Fale Fatu (ou Falefatu) Fatato Fongafale Fuafatu Fuagea Fualefeke (ou Fualifeke) Fualopa Funafala Funamanu Luamotu Mateika Motugie Motuloa Mulitefala Nukusavalevale Papa Elise (ou Funangongo) Pukasavilivili Te Afuafou Te Afualiku Tefala Telele Tengako (península da illa de Fongafale) Tengasu Tepuka Tepuka Vili Vili Tutanga Vasafua e polo menos outras cinco illas.
Atol Funafuti 280px|Localización do atol dede Funafuti Datos País Illa principal Fongafale Linguas Tuvalés e inglés Poboación (2012) 6.025 hab. Superficie 2,8 km² Superficie lagoa 275 km² Nº de illas 33 Coordenadas Maior Altura Localización Canles en Funafuti
O atol ten varios canles cara a lagoa, con cadanseu grao de navegabilidade. A listaxe deles, comezando polo illote Fongafale ao sur, e seguindo as agullas do reloxo, son: Te Ava Pa Pua Te Ava Fuagea Te Ava Papa Te Ava Kum Kum Te Ava Tepuka Vili Te Ava Tepuka Te Avua Sari Te Ava i te Lape
Lagoa A lagoa (Te Namo en tuvalés) do atol ten unha lonxitude de norte-sur de 24,5 km, e de leste-oeste de 17,5 km, facendo unha superficie total de 275 km² e a lagoa máis grande de Tuvalu. A súa profundidade chega acadar os 54,72 metros, mais ten algúns escollos e arrecifes de moi pouca profundidade.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Fongafale
Ligazóns externas
Categoría:Atois de Tuvalu Categoría:Capitais de Oceanía