O Pazo de Cadaval, ou Pazo de Urzáiz-Cadaval ou viceversa, sitúase no lugar de Grolos, no concello de Nigrán. Xa no século XIV existía esta construción que en diversas partes da casa presenta escudos e brasóns dos Cadaval, Figueroa, Ozores, Montenegro, Ceta, Correa e Urzáiz. Declarado Ben de Interese Cultural en 2006Declaración de Ben de Interese Cultural, BOE, 16 de maio de 2006. o seu estado de conservación é moi bo.
Historia
miniatura|dereita|Ceta-Montenegro-Ozores-Oia-Figueroa-Valladares-Cadaval. Con respecto á orixe cítase unha casa pertencente a Vasco Gómez de Cadaval, tenente xeneral do exército do bispado de Tui no XIV, partidario de Pedro I na guerra con Henrique de Trastámara. Porén, as estruturas actuais son do XVII. Fundouno Basquida García de CetaOu Basquida García de Montenegro, segundo fontes., viúva de Pedro de Cadaval e Valadares, o 9 de xuño de 1608.
O apelido de Urzáiz, liñaxe de orixe navarra, foi engadido en 1883 ó casar Adela Cadaval Muñoz, señora do pazo, con Ángel Urzáiz Cuesta, que sería Ministro de Facenda con Afonso XIII. O fillo home Joaquín Urzáiz Cadaval, Ministro de Estado na Segunda República Española, que casou en segundas nupcias con Purificación de Benito Quevedo, foi o seguinte titular. A continuación foino a súa filla M.ª Dolores Urzáiz Benito Cadaval, que casou co doutor Fernando Caicoya de Rato. O actual propietario, Ángel Caicoya de Urzáiz, director médico de Adeslas,Universidade Camilo José Cela, MBA en xestión hospitalaria. é descendente desa parella.
Recentemente emprégase para a celebración de casamentos, banquetes e outros actos, xestionado por unha empresa de hostalería.Páxina do Grupo Don Pepe , do empresario Pepe Domingo González.
Descrición Conforman o edificio unha coxía alongada (a parte máis antiga do pazo) que se une polo costado dereito ao corpo principal, con planta de tres corpos, un central e dous que se adiantan, situándose entre eles a escalinata principal balaustrada exenta, construída en 1668 segundo a inscrición enriba da porta,"D. Pº. CADAVAL ANNO 1668" ou "1688", segundo fontes. así como o patín que se bifurca ante a porta de entrada.
A esta fachada principal do XVII únese tamén polo seu costado dereito unha torre de cantería rematada por ameas, de principios do século XIX, aínda que reconstruída seguindo ós antigos debuxos nos que aparece a casa coa torre.
O pazo dispón de 50.000 metros cadrados de xardíns, incluíndo palmeiras, dúas flanqueando a porta, faias, carballos e acacias.
Integran tamén o conxunto: miniatura|dereita|Portón principal. Torreón circular, rematado por ameas, que cumpría posiblemente as funcións de torre-vixía. Cruceiro. Muralla, rodeando o recinto, na cal ábrense dous portóns. Un, de medio punto, de acceso ao patio de honra ante a fachada principal cun brasón coas armas dos Urzáiz-Cadaval. Outro, alintelado, con escudo formado polos apelidos Ceta, Montenegro, Ozores, Oia, Figueroa, Valladares e CadavalArmas dos Cadaval , Enciclopedia Galega Universal., que estaba orixinalmente sobre a porta principal. Hórreo de pedra, con nove pares de esteos. A capela, exenta, posiblemente anterior a 1655. Non ocupa o seu lugar orixinal. De planta rectangular e pequeno tamaño está executada en perpiaño. No seu frontispicio ábrese un arco de medio punto e unha pequena fiestra cuadrangular, rodeados ambos por unha moldura plana e lisa. Enmarcan a fachada dúas pilastras enfrontadas rematadas por pináculos piramidais. Na capela hai un pequeno retablo de factura moderna de finais do século XIX ou principios do XX, policromado en branco con remates dourados, dedicado á Virxe do Carme.Tamén tallas barrocas policromadas de moi boa factura: a Virxe do Carme, San Xosé co Neno, Santo Antonio e dous santos máis sen identificar.
O conxunto axardinado comprende catro recintos entre os que sobresae o xardín sur, tanto pola súa maior extensión como pola súa antigüidade (mediados do século XIX), así como pola orixinalidade da súa traza.
O pazo foi construído en distintas fases, sufrindo reformas, modificacións e ampliacións ata a configuración actual. Por exemplo, os balcóns laterais son de 1900 e ca. 1945. A fachada posterior foi remodelada por Jenaro de la Fuente, que engadiu unha nova escalinata.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Pazo da Touza Pazo de Cea Val Miñor
Ligazóns externas Pazo de Cadaval Urzáiz, TurGalicia.
Cadaval Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra