Nicolás Tenorio Cerero, nado en Villalba del Alcor (provincia de Huelva), o 28 de decembro de 1863 e finado en Sevilla o 1 de decembro de 1930, foi un maxistrado, xuíz e historiador español.

Biografía Orfo aos cinco anos, trasladouse a vivir á cidade de Sevilla. Estudou a carreira de dereito na Universidade de Sevilla entre os anos 1881 e 1886.

Tras licenciarse en dereito, gañou as oposicións a xuíz. O seu primeiro destino, sobre o papel, no ano 1897, foi na cidade da Habana, na illa de Cuba (cando pertencía ao reino de España); non chegou a tomar posesión pois días antes de desembarcar na illa declarouse a Guerra Hispano-Estadounidense que levou á proclamación de Cuba como país independente.

De regreso a España, permaneceu catro anos sen destino de xuíz, tempo que aproveitou para cursar a carreira universitaria de Historia e iniciarse no estudo dos importantes arquivos situados en Sevilla, como o Arquivo Xeral de Indias e outros, ao tempo que exerceu a avogacía en Sevilla.

Exerceu a carreira de maxistrado xuíz en distintas provincias de España como Ourense, Murcia, Cádiz, Burgos e Sevilla. Foi Secretario Contador do Ateneo de Sevilla entre os anos 1889 e 1893.

Membro electo da Real Academia Sevillana das Boas Letras desde 1900, redactor da revista El Noticiero Sevillano desde a súa fundación no ano 1893, e traballou para outras publicacións da época como El Porvenir.

No seu primeiro destino como xuíz de primeira instancia e instrución, Nicolás Tenorio, chegou ao partido xudicial de Viana do Bolo (Ourense), desde Sevilla, en outubro de 1900. Exerceu en Viana ata o ano 1906, data en que se trasladou a Vilamartín de Valdeorras. Posteriormente foi trasladado á localidade de Mula (Murcia) en 1910, de onde pasou a exercer en Cádiz en 1910, sendo novamente traslado a Burgos como Tenente fiscal da Audiencia, para anos despois, en 1917, terminar a súa carreira xudicial na súa Sevilla natal, como maxistrado do civil.

Paralelamente ao seu exercicio profesional da carreira xudicial, dedicouse ao estudo histórico, coa creación de interesantes libros sobre a época medieval en Sevilla, as institucións xurídicas e políticas da época. Publicou libros de estudo sociolóxico. Nomeado fillo predilecto de Sevilla, a súa obra tivo nos últimos anos unha nova reedición, en especial a titulada La aldea gallega.

Por tódalas súas contribucións ó estudo dos costumes do pobo, o concello de Viana do Bolo dedicoulle unha rúa que leva o seu nome.

Bibliografía miniatura|Portada do seu libro El concejo de Sevilla publicado en 1901. Lista sobre tripulantes del primer viaje de Cristóbal Colón a las Américas, apéndice III e colaboración en citada obra de Manuel Saes e Ferré. El Descubrimento de América. Sevilla, 1893. Noticia de las fiestas en honor de la Marquesa de Denia hechas por la ciudad de Sevilla en el año 1599. Sevilla, 1896. "El mausoleo de Colón", artigo publicado no diario El Porvenir de Sevilla, 1898. "La cueva de la Sierpe", estudo etnográfico de antiga lenda publicado no diario El Porvenir de Sevilla, 1899. La aldea gallega. Estudio de derecho consuetudinario y economía popular. Escrito entre 1900 e 1906 e publicado en Cádiz en 1914 pola imprenta de Manuel Álvarez.Reeditado en 1982 por Edicións Xerais de Galicia. Algunas noticias de Menardo Ungut y Lanzalo Polono. Madrid 1901. El concejo de Sevilla. Estudo da organización político-social da cidade desde a súa reconquista ata o reinado de Afonso XI (1248-1312). Edit: E. Rasco. Sevilla 1901. Unas elecciones en O Bolo en 1614 (estudo xurídico sobre a forma de elección dos cargos políticos anuais no Concello de Viana do Bolo) (1903). Las Aldeas Gallegas. Madrid 1903. Viana del Birlo, pobladores prerromanos (referido a Viana do Bolo), Ourense 1904. Descripción y cosmografía de España, publicado entre 1904 e 1914 (transcrición do manuscrito de Hernando Colón sobre unha viaxe que este fixo por España). Las Milicias de Sevilla, Revista de Arquivos, Bibliotecas e Museos, XVII, 1907. Los moriscos en Hornachos, Revista Archivo Extremeño, revista mensual, ciencia arte e historia, nº 5, Badaxoz, 25 de xuño de 1908. Expediente acerca de la remisión a la Real Academia de la Historia, por parte de Nicolás Tenorio, de manuscritos relativos ao concello de Castro de Valdeorras, 1910. Visitas que Don Enrique III hizo a Sevilla. Sevilla 1924. Noticia Histórica da Real Audiencia de Sevilla (1924).

Estudos sobre a súa obra El Ayuntamiento de Sevilla de Nicolás Tenorio Cerero. F. M. Pérez Carrera, C. de Bordons Alba. Serie: Historia y Geografía nº 13. ISBN 84-472-0302-6 Nueva lista documentada de los tripulantes de Colón en 1492. Alice Fochanca Gould La aldea gallega. Estudio de derecho cosuetudinario y economía. Introdución de Carlos García. Xerais, Vigo 1982.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Villalba del Alcor Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1930