Bérenger de Landorre, coñecido como Berenguel de Landoria ou de Landoira, nado no sur de Francia en 1262 e finado en 1330, foi un relixioso francés, arcebispo de Santiago de Compostela entre 1317 e a súa morte.

Foi un dos protagonistas dunha época convulsa da Igrexa, durante a súa sede en Aviñón e tamén en Compostela. Unha das torres da catedral de Santiago, leva o seu nome xa que foi quen a mandou construír.

Traxectoria miniatura|esquerda|150px|Torre da Berenguela, que foi mandada construír por Berenguel de Landoria e logo reformada nunha espléndida mostra do barroco compostelán por Domingo de Andrade, tamén coñecida como Torre do Reloxo.

Segundo fillo dos condes de Rodez, criouse nunha das cortes máis importantes da época, que cultivaba con grande éxito a poesía trobadoresca e demais artes. Ao imporse o morgado, viuse obrigado a pórse ao servizo da igrexa. Berenguel ascendeu rápido polas entrañas da igrexa ata facerse íntimo amigo de Xoán XXII. Chegou a ser Mestre Xeral da orde dos pregadores, organizando as misións dos monxes peregrinos.: In 1312 the master general, Béranger de Landore, organized the missions of Asia into a special congregation of "Friars Pilgrims", with Franco of Perugia as vicar general. As a base of evangelization they had the convent of Pera (Constantinople), Capha, Trebizond, and Negropont. Thence they branched out into Armenia and Persia. Tamén: , . Iniciou a tendencia cara ao tomismo na orde dominica e loitou contra a liña de Durando de Saint-Pourçain.PDF , p.5, . Solicitou a Bernardo Gui que compuxese un substituto para a Lenda Dourada de Jacobus de Voragine.

O 15 de xullo de 1317 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, aos 55 anos. Once meses despois emprendeu o camiño cara a Santiago para facerse cargo do seu posto. Tratou de entrar na burgo catro veces, das cales tres foron emboscadas. Este planeou as tácticas de ataque no seu castelo da localidade coruñesa de Padrón e Noia aliándose con outros nobres. Até 1322, non puido tomar posesión do cargo, pois existía un rival galego. Residiu algún tempo en Noia, onde celebrou un sínodo. O seu triunfo foi cruento pois, o 16 de setembro de 1320, invitou aos líderes do levantamento ao seu castelo da Rocha Forte onde foron asasinados. A seguir, decretou unha amnistía e o 26 entra en CompostelaBarrau (1853), p. 442 e o 27 asinouse a paz.

Iniciou importantes traballos na Catedral de Santiago de Compostela, e trouxo varias reliquias.PDF (Italiano) , p.3. Tamén semella que puido ser quen estableceu o ano xubilar pois, coincide que despois de tódolos atrancos para tomar posesión da sé episcopal, cando conseguiu celebrar a súa primeira misa solemne foi o 25 de xullo de 1322 que, casualmente, caeu en domingo. Porén, os primeiros documentos que falan do xubileu non aparecen até 1434.

Dedicóuselle unha torre da catedral compostelá, a Berenguela, utilizada primeiro como torre vixía e despois como campanario.

Obras Atribuíuselle falsamente o Lumen animæ, seu liber moralitatum Magnarum rerum naturalium impreso en 1482 por Matthias Farinator.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Hechos de Don Berenguel de Landoria, Arzobispo de Santiago: Introducción, Edición Critica y Traducción (1983) Manuel C. Díaz y Díaz, tradución ao castelán da crónica Gesta Berengarii de Landoria archiepiscopi Compostellani.

Outros artigos Castelo da Rocha Forte

Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Nados en 1262 Categoría:Finados en 1330 Categoría:Nados no departamento de Savoia Categoría:Arcebispos católicos de Francia Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Dominicanos de Francia Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia