O Eurostat (Statistical Office of the European Communities, Oficina estatística das Comunidades Europeas) é a oficina estatística da Comisión Europea, que produce datos sobre a Unión Europea e promove a harmonización dos métodos estatísticos dos estados membros.

Dous dos seus papeis particularmente importantes son a produción de datos macroeconómicos que apoian as decisións do Banco Central Europeo na súa política monetaria para o euro, e os seus datos rexionais e a clasificación Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas (NUTS), que orientan as políticas estruturais da Unión Europea.

O Eurostat é unha das Direccións Xerais da Unión Europea e ten a súa sede en Luxemburgo.

Desde o 18 de maio de 2006 o seu Director Xeral é o economista francés Hervé Carré, que está asistido por 7 directores, cada un co seu sector de actividade dentro do Eurostat:

Recursos Métodos estatísticos Contas nacionais e europeas Estatísticas económicas e rexionais Estatísticas agrícolas e ambientais; Cooperación estatística Estatísticas sociais e Sociedade da Información Estatísticas das empresas

Organización temática Os datos do Eurostat atópanse divididos en 9 áreas temáticas principais e en 30 áreas subtemáticas. As áreas temáticas principais son: Estatísticas xerais e rexionais Economía e finanzas Poboación e condicións sociais Industria, comercio e servizos Agricultura e pesca Comercio exterior Transportes Ambiente e enerxía Ciencia e tecnoloxía

Véxase tamén Unión Europea Comisión Europea Instituto Nacional de Estadística

Ligazóns externas

Portal oficial do Eurostat (en alemán, inglés e francés)

Categoría:Unión Europea