A pirimidina é un composto orgánico, similar ó benceno, pero cun anel heterocíclico: dous átomos de nitróxeno substitúen ó carbono nas posicións 1 e 3. Os principais derivados da pirimidina son tres bases dos ácidos nucleicos (citosina, timina e uracilo) que levan os seguintes nomes: A Timina é a 5-metil-2,4-dioxipirimidina aínda que tamén se leva o nome de 5-metiluracilo. A Citosina é a 2-oxi-4-aminopirimidina. O Uracilo é a 2,4-dioxipirimidina. Nos ácidos nucleicos atopámolas distribuídas do seguinte modo: No ADN, estas tres bases forman pontes de hidróxeno coas súas purinas complementarias. No ARN, a complementaria da adenina (A) é o uracilo (U), en vez da timina (T) Existen tamén algúns ácidos nucleicos nos que podemos atopar outras pirimidinas metiladas o cal pode ter consecuencias respecto á expresión do material xenético. Bases do ADN <tr><td>purina<td>pirimidina <tr><td>A<td>T <tr><td>G<td>C Bases do ARN <tr><td>purina<td>pirimidina <tr><td>A<td>U <tr><td>G<td>C 127px|Estrutura química da timina 102px|Estrutura química do uracilo 101px|Estrutura química da citosina Timina Uracilo Citosina

Categoría:Bioquímica Categoría:Bases nitroxenadas Categoría:Pirimidinas