dereita|190px Xaime I de Aragón, o Conquistador,Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. nado en Montpellier o 2 de febreiro de 1208 e finado en Valencia o 27 de xullo de 1276, foi rei de Aragón, de Valencia (1239-76) e de Mallorca (1229-1276), conde de Barcelona (1213-1276), señor de Montpellier (1219-1276) e doutros feudos en Occitania.

Mocidade miniatura|esquerda|170px|Vista do castelo de Monzón onde pasou a súa mocidade. Fillo de Pedro o Católico e de María de Montpellier. Á morte do seu pai na batalla de Muret (1213) na que participou defendendo aos seus vasalos occitanos, Xaime quedou en poder de Simón de Montfort, o líder da cruzada contra os albixenses e inimigo dos líderes occitanos. Non o entregou aos aragoneses até pasado un ano de reclamacións e só por mandato do papa Inocencio III. Durante a súa minoría, estivo baixo a tutela dos templarios no castelo de Monzón. Actuou como rexente o conde Sancho Raimúndez, fillo de Ramón Berenguer IV e tío avó de Xaime. Herdou o señorío de Montpellier á morte da súa nai (1213).

Tiña uns seis anos cando foi xurado nas Cortes de Lleida de 1214. En setembro de 1218 celebráronse por primeira vez en Lleida unhas Cortes xerais de aragoneses e cataláns, nas cales foi declarado maior de idade.

En febreiro de 1221 desposouse con Leonor de Castela, irmá de Berenguela de León e Castela e tía de Fernando III. Anulado o seu primeiro casamento por razón de parentesco, contraeu segundo matrimonio coa princesa Violante (8 de setembro de 1235), filla de André II, rei de Hungría. Polo testamento do seu curmán Nuño Sánchez, herdou os condados de Rosellón e Cerdaña e o vizcondado de Fenolledas en Francia (1241).

Reinado Durante os quince primeiros anos do seu reinado, mantivo diversas loitas contra a nobreza aragonesa que até chegou a facelo prisioneiro en 1224. En 1227 afrontou un novo alzamento nobiliario aragonés, dirixido polo infante Fernando, tío do rei, que terminou, grazas á intervención papal a través do arcebispo de Tortosa, coa sinatura da concordia de Alcalá (marzo de 1227). Este tratado marcou o triunfo da monarquía sobre os revoltosos nobres, dándolle a estabilidade necesaria para iniciar as campañas contra os musulmáns. Esta estabilidade logrou acalmar as reclamacións da nobreza.

Conquista de Mallorca miniatura|dereita|200px|Xaime I

Ante os ataques dos piratas mallorquinos, os mercadores de Barcelona, Tarragona e Tortosa pediron axuda ao monarca para acabar coa ameaza. Así, nunha reunión de Barcelona (decembro de 1228) ofrecéronlle as súas naves, mentres que os nobres cataláns acordaron participar na empresa a cambio do botín e dominios territoriais. Noutra reunión en Lleida, os nobres aragoneses aceptaron as mesmas condicións, pero suxeriron ao rei que a empresa se dirixise contra os musulmáns de Valencia, polo que a súa participación non sería significativa.

Aínda que un grupo de cabaleiros aragoneses participou na campaña debido ás súas obrigacións co rei, a conquista de Mallorca sería unha empresa fundamentalmente catalá (cataláns serían tamén posteriormente a maioría dos seu repoboadores). O 6 de setembro de 1229, a escuadra catalá partiu de Salou, e conquistou Mallorca a Abú Yahya, o gobernador almohade semi-independente da illa.

As tropas aragonesas desembarcaron en Santa Ponsa e venceron aos musulmáns na batalla de Portopi (13 de setembro de 1229). Os musulmáns refuxiáronse trala murallas de Palma (Madina Mayurqa) e crucificaron a varios soldados aragoneses á vista das tropas de Xaime. Estas pouco despois tomaron e pasaron a coitelo á poboación da cidade (decembro de 1229) e apoderáronse da illa en poucos meses, salvo un pequeno núcleo de resistencia musulmá que logrou manterse na serra de Tramontana ata 1232. Os poboadores musulmáns fuxiron a África ou foron escravizados, mentres que a illa foi repoboada con cataláns.

Logo de pasar a coitelo a poboación de Madina Mayurqa, a cantidade de cadáveres foi tal que se produciu unha epidemia que decimou o exército de Xaime I. Por riba, os nobres cataláns intentaron quedar co botín, provocando unha revolta que debilitaría aínda máis o poder militar de Xaime I. Mallorca constituíse como un reino máis da Coroa de Aragón baixo o nome de regnum Maioricarum et insulae adxacentes, o cal obtivo unha carta de franquía en 1230. A institución en 1249 do municipio de Mallorca (actual Palma) contribuiría á institucionalización do reino.

Conquista de Menorca O monarca aragonés viuse incapacitado para conquistar Menorca debido ás divisións internas dentro do seu exército catalán polo botín e a redución do seu exército debido a unhas malas decisións; aínda así, o monarca conseguiu sobre Menorca unha vasalaxe, rubricado polo tratado de Capdepera, polo cal os musulmáns menorquinos aceptaron a súa soberanía (1231). A vasalaxe sobre Menorca sería transferido ao reino de Mallorca como parte do testamento de Xaime I. Afonso III de Aragón conquistaría de forma efectiva esta illa, logo da capitulación de Abû Umar (1287). Foi repoboada por cataláns, aínda que quedou unha abundante poboación musulmá, que máis tarde foi desterrada.

Conquista de Eivisa e Formentera Para rematar, cedeu a submisión de Eivisa e Formentera á alta aristocracia catalá (Guillerme de Montgrí, arcebispo de Tarragona, e o seu irmán Bernardo de Santa Euxenia), que a fixo efectiva en 1235. A illa repoboouse con campesiños de Empúries (1236).

Conquista de Valencia miniatura|dereita|300px|Estatua ecuestre do rei na Plaça Alfons el Magnànim en Valencia.

A Conquista de Valencia polo rei Xaime I a diferenza da de Mallorca foi feita cun importante continxente de aragoneses. De feito, en 1231, Xaime I reuniuse co nobre Blasco de Alagón e o mestre da Orde Militar do Hospital en Alcañiz para fixar un plan de conquista das terras valencianas. Blasco de Alagón recomendou asediar as poboacións en terreo chan e evitar as fortificadas. Con todo, o primeiro que se tomou foron dous enclaves montañosos: Morella, aproveitando Blasco a debilidade do seu goberno musulmán; e Ares, lugar próximo a Morella tomado por Xaime I para obrigar a Blasco de Alagón a que lle entregase Morella. A conquista do que posteriormente se convertería no reino de Valencia comeza en 1232, coa toma de Morella. En 1233 planéase a campaña en Alcañiz, que constaría de tres etapas: A primeira etapa empeza coa toma de Borriana en 1233 e Peníscola. A segunda etapa diríxese ao sur chegando ata o Xúcar, na cidade de Alzira onde se atopaba a única ponte de toda Valencia que cruzaba o Xúcar. O 30 de decembro de 1242, foi conquistada esta vila, permitindo así a definitiva conquista do Reino de Valencia. A terceira etapa abarca desde 1243 a 1245 chegándose aos límites estipulados no tratado de Almizra en 1244, asinado entre Xaime I e o infante Afonso (futuro Afonso X de Castela e León) para delimitar as áreas de expansión sobre territorio musulmán entre Castela e a Coroa de Aragón. As terras ao sur da liña Biar-La Vila Joiosa quedaron reservadas para Castela (incluíndo o reino de Murcia), incorporándose ao reino de Valencia por Xaime II de Aragón trala Sentenzas arbitrais de Torrellas (1304) e o tratado de Elx (1305).

Nesta última etapa e nos anos seguintes, Xaime I tivo que facer fronte a diversas revoltas da poboación mudéxar, encabezadas polo caudillo al-Azraq.

Xaime I obtivo un gran triunfo sobre a nobreza aragonesa ao converter as terras conquistadas, respectando os seus usos e costumes e establecendo os foros els Furs, en Valencia nun reino diferenciado unido á Coroa de Aragón (1239), xa que aquela consideraba ditos territorios como unha prolongación das súas señoríos. A creación do reino provocou unha iracunda reacción da nobreza aragonesa, que vía así imposible a posibilidade de prolongar as súas señoríos aragoneses nas terras valencianas.

Política ultrapirenaica Mediante o tratado de Corbeil (1258) Xaime finalizou as pretensións sobre Occitania dos antigos condes de Barcelona. En contrapartida, San Lois de Francia renunciaba aos seus dereitos, como descendente de Carlomagno, sobre os condados cataláns, herdeiros da Marca Hispánica.

Conquista do reino de Murcia O Reino de Castela sometera a vasalaxe o reino de Murcia (1243), pero os murcianos rebeláronse co apoio de Granada e os gobernantes do Norte de África (1264). A raíña Violante (esposa de Afonso X o Sabio) pediu axuda ao seu pai Xaime I. Entón, tropas aragonesas mandadas polo infante Pedro (o futuro Pedro III o Grande) conquistaron a Muhammad ibn Hûd Biha al-Dawla o reino de Murcia (1265-66), deixando despois a máis de 10.000 aragoneses en Murcia. En efecto, hai que recordar que segundo as condicións do tratado de Almizra (1244), Murcia pertencería a Castela.

Últimos anos En setembro de 1269 saíu de Barcelona coa súa armada para unha expedición a Terra Santa, pero dispersadas as súas naves polas tormentas, tivo que desembarcar en Aigües-Mortes, preto de Montpellier, e houbo de renunciar a aquela empresa.

Morreu en Alzira (Valencia) o 27 de xullo de 1276 logo dun reinado de sesenta e tres anos.

Ditou a súa biografía (e primeira das catro grandes crónicas reais catalás), denominada "Llibre dels fets" (en catalán).

Descendencia e herdanza miniatura|dereita|190px|Cabeza da momia de Xaime I, fotografada o ano 1856 durante o seu traslado a Tarragona

Da súa primeira muller, Leonor, tivo a Afonso (1229-1260). Casou con Costanza de Moncada.

Da segunda, Violante de Hungría, tivo a: Pedro (futuro Pedro III o Grande), que lle sucedeu nos reinos de Aragón, Valencia e nos condados cataláns. Xaime (futuro Xaime II de Mallorca), que herdou o reino de Mallorca, que comprendía as illas Baleares de Mallorca, Menorca (aínda baixo o poder dun soberano musulmán aínda que tributaria desde 1231), Eivissa e Formentera, os condados do Rosellón e a Cerdaña e os territorios que o Conquistador conservaba en Occitania (o señorío de Montpellier, o vizcondado de Carlades, en Auvernia, e a baronía de Omelades, contigua a Montpellier). Fernando (1245-1250), que morreu pícaro. Sancho (1250-1279), arcediago de Belchite, abade de Valladolid e arcebispo de Toledo, faleceu prisioneiro dos mouros granadinos. Violante de Aragón (1236-1301), muller de Afonso X o Sabio. Costanza (1239-1269), esposa do infante castelán Manuel de Castela, irmán de Afonso X o Sabio. Sancha, que se fixo monxa e morreu en Xerusalén. María (1248-1267), relixiosa tamén. Isabel (1247-1271), esposa de Filipe III o Atrevido, fillo de San Lois de Francia.

Tradicionalmente considerouse que foi o desexo de Violante de conseguir boas herdanzas para os seus fillos o motivo polo que Xaime I procedeu á partición dos seus reinos. Con todo, parece ter máis sentido a concepción patrimonial dos reinos que tiña o rei. Así, fixo un primeiro repartimento no seu testamento de 1241. Segundo este testamento, o primoxénito Afonso herdaría Aragón e Cataluña, e Pedro, fillo de Violante, Valencia, as illas Baleares, o Rosellón, a Cerdaña e as posesións occitanas. Dous anos despois, un novo testamento introduce ao seu terceiro fillo na repartición. Cataluña pasa de Afonso a Pedro, o cal cede as illas Baleares, Rosellón, Cerdaña e as posesións occitanas a Xaime. Novo testamento en 1248, incluíndo no repartimento ao novo fillo, Fernando. Á morte de Afonso (1260), outorgou novo testamento (1262), o cal daría a configuración definitiva da herdanza.

Trala morte de Violante (1251) o rei lanzouse a unha carreira de amoríos, tendo múltiples fillos. De Teresa Gil de Vidaure tivo a Xaime, señor de Jérica, e a Pedro, señor de Ayerbe. Das súas relacións amorosas con Guillema de Cabrera naceu Fernán Sánchez, a quen deu a baronía de Castro; Con Berenguela Fernández tivo a Pedro Fernández, señor da baronía de Híjar, mentres que con Berenguela Afonso, filla do infante Afonso de Molina, non tivo descendencia. Estes bastardos reais foron a orixe dalgunhas das máis importantes casas nobiliarias de Aragón e Valencia.