San Martiño de Galgao é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo datos do IGE, en 2023 tiña 59 habitantes (29 homes e 30 mulleres). Iso supón unha diminución de poboación respecto a 2015 cando tiña 76 habitantes (40 homes e 36 mulleres).

Xeografía Ten unha superficie de 11,6 km². Limita coas parroquias de Quende, Fanoi e Romariz, xunto cos concellos de Pastoriza e Mondoñedo. A parroquia pertencente o arciprestado de Mondoñedo. Ten 7 entidades de poboación e 2 lugares con 59 veciños, sendo a densidade media de poboación de 5,09 hab/km² no 2023.

As entidades de poboación son Bicos (8), Os Currás (10), A Maramiga (6), A Piegueira (5), O Rego do Cal (10), Os Samordás (4), e O Someiro (16). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: A Carreira e Os Liñares.

Dentro da súa orografía destacan Rego de Bidueira (700 m), Alto do Seixal (678 m) e Pena Grande (664 m).

Patrimonio O santuario de San Cosme de Galgao construíuse en 1925. Anteriormente a romaría celebrábase na ermida de San Cosme da Montaña, hoxe en ruínas.

Galgao conta cun cruceiro de granito con cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso e Piedade no reverso; fuste con trísceles no remate superior, culebra, corazón, cáliz con cabeza de anxo e os atributos da Paixón; base cúbica, con inscricións, sobor plataforma con dous chanzos cuadrangulares.

Lugares e parroquias Lugares de Galgao

Parroquias de Abadín miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín

Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Localidades do Camiño do Norte Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño