José Sarney de Araújo Costa, avogado, periodista e escritor nado o 1930, foi o presidente do Brasil entre 1985 e 1990. Foi o primeiro presidente civil despois do réxime militar instalado en 1964. Era vice-presidente de Tancredo Neves, escollido xunto co mesmo polo Congreso Nacional, pero asumiu o poder debido á enfermidade de Tancredo na véspera da pose.

Durante o seu goberno aconteceu a convocación da Asemblea Nacional Constituínte, que promulgou a Constitución brasileira de 1988, en vigor. Tamén aconteceron as primeiras eleccións presidenciais brasileiras despois do golpe militar de 1964.

Actualmente José Sarney é membro da Academia Brasileira de Letras.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial no Senado

Categoría:Presidentes do Brasil Categoría:Nados no estado do Maranhão Categoría:Nados en 1930 Categoría:Membros da Academia Brasileira de Letras