María Zambrano, nada en Vélez-Málaga o 22 de abril de 1904 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1991, foi unha filósofa e ensaísta española que viviu no exilio entre 1939 e 1984 a causa da Guerra Civil e o seu compromiso ideolóxico. A súa obra non acadou relevancia en España ata finais do século XX. A súa obra caracterízase por un intento de relacionar filosofía e poesía. Outorgáronlle os dous premios literarios máis importantes de España: o premio Príncipe de Asturias en 1981 e o Premio Cervantes no 1988.
Traxectoria
Primeiros anos María Zambrano naceu o 22 de abril de 1904 no domicilio familiar de Vélez-Málaga. No Rexistro Civil aparece nada o 25 a causa de nacer medio mortaOrtega Muñoz (2006), pp. 15–16. O seu pai foi Blas Zambrano e a súa nai Araceli Alarcón, ambos mestres. A súa infancia foi un período fundamental na súa vida, onde consideraba que nacera a súa vocación filosóficaOrtega Muñoz (2006), pp. 17–18.
En 1908 trasladouse a MadridFundación María Zambrano (s.f.). Biografía de María Zambrano. Obtido de: https://www.fundacionmariazambrano.org/biografia coa súa familia, e ao ano seguinte, en 1909 a Segovia. Alí pasou a etapa adolescente. A súa irmá Araceli naceu no 1911, sendo “la felicidad más honda, la alegría más grande de su vida”Ortega Muñoz (2006), p. 30. Dous anos despois comezou a cursar bacharelato no Instituto de Segovia; onde foi unha das únicas mulleres formándose.
Iniciou un romance en 1917 co seu primo Miguel Pizarro, a quen a familia enviou ao Xapón catro anos máis tarde, poñendo fin á relación. Porén, continuaron véndose esporadicamente cando regresaba a EspañaOrtega Muñoz (2006), p. 34. Nesta etapa coñeceu ao poeta Antonio Machado, amigo do seu paiZambrano, M. (2019). Obras Completas IV. TOMO 2. Barcelona: Galaxia Gutenberg..
No 1921 iniciou os seus estudos de Filosofía como alumna libre na Universidade Central de Madrid, vivindo aínda en SegoviaOrtega Muñoz (2006), p. 39. Zubiri e Besteiro formaron parte do seu profesorado, entre outros. Nesa cidade coñeceu a León Felipe e a Federico García Lorca. En 1926 trasladáronse de novo a Madrid e coñeceu a Ortega y Gasset nun tribunal de exames. O ano seguinte, en 1927, rematou a súa carreira de Filosofía e foi invitada á reunión da Revista de Occidente, círculo no cal asumiría un papel de mediadora entre Ortega y Gasset e algúns escritores novos, como Antonio Sánchez Barbudo ou José Antonio Maravall.
Xuventude A partir do 1928 comezou o seu doutoramento e ingresou na Federación Universitaria Escolar (FUE). Nese ano contraeu unha forte tuberculose e gardou repouso ata a primavera de 1929. Un ano despois, Zambrano publicou o seu primeiro libro Horizonte del liberalismo. En 1931 foi nomeada profesora auxiliar de Metafísica na Universidade Central de Madrid, posto que ocupou ata 1935, onde substituíu a Zubiri, que se encontraba en Alemaña estudando xunto a HeideggerOrtega Muñoz (2006), p. 50. O 14 de abril de 1931 foi proclamada a República, e relatou a súa celebración na Porta do Sol, coa obra Delirio y Destino. Non aceptou, porén, a oferta dunha candidatura ás Cortes como deputada polo PSOE. En 1932 creouse o Frente Español, cuxo manifesto asinou. Mais a autora viuse obrigada a disolvelo cando José Antonio Primo de Rivera intentou sumarse e asumir as siglas, atribuíndoas á Falanxe EspañolaOrtega Muñoz (2006), p. 56. No 1933 comezou a participar nalgunhas das “Misións Pedagóxicas”.
Iniciada a Guerra Civil, o 14 de setembro de 1936 contraeu matrimonio cun compañeiro da Facultade, Alfonso Rodríguez Aldave, que foi nomeado secretario da embaixada de España en ChileOrtega Muñoz (2006), p. 59. Na viaxe de ida a Chile, na Habana, coñeceu a José Lezama Lima. En Santiago de Chile publicou a primeira versión de Los intelectuales en el drama de España e unha Antología de García Lorca (1937). O 19 de xuño regresaron a España porque, como ela mesma explicou, a guerra estaba xa perdidaOrtega Muñoz (2006), p. 62. O seu marido incorporouse ao exército e ela residiu en Valencia, onde interveu en numerosos actos políticosOrtega Muñoz (2006), p. 64. Seu pai faleceu o 29 de outubro en Barcelona; motivo polo que Machado lle dedica un capítulo en Hora de España.
O exilio En decembro de 1938 Cataluña foi atacada polo exército sublevado; o 25 de xaneiro de 1939 Barcelona rendeuse, iniciándose a denominada “Retirada”, cando milleiros de republicanos fuxiron cara a Francia buscando refuxio e asilo. Zambrano saíu da cidade ese mesmo día, acompañada por algúns membros da súa familia. En Francia reencontrouse co seu marido, co que pronto partiu a México. Os seus anos de exilio, dende 1939 ata 1984, foron os máis orixinais e produtivos da súa vida intelectualOrtega Muñoz (2006), p. 67. Foi nomeada profesora de Filosofía na Universidade de San Nicolás de Hidalgo, durando un ano nese postoOrtega Muñoz (2006), p. 71. Publicou as súas obras Pensamiento y Poesía en la vida española e Filosofía y Poesía (1939). A finais dese mesmo ano aceptou dar unha un ciclo de conferencias na Universidade da Habana sobre “Séneca y el estoicismo”Ortega Muñoz (2006), p. 74, onde lle rescindiron o contrato por non poder impartilo por enfermidadeOrtega Muñoz (2006), p. 75. En 1940, tanto ela como o seu marido trasladáronse á Habana, onde impartiu clases na Universidade e no Instituto de Altos Estudios e Investigaciones Científicas. Estivo ata 1943 traballando intensamente en seminarios e conferencias ou impartindo cursos entre Porto Rico e Cuba. Ese ano, ademais, publicou a súa obra La confesión, género literario y método (1943)Ortega Muñoz (2006), p. 80, e trasladouse a Porto Rico, onde foi nomeada profesora na Universidade de Río Pedras. Alí afianzou a súa relación de amizade con García Bacca e Ferrater MoraOrtega Muñoz (2006), p. 82.
A volta a Europa Ante a grave situación da súa nai, Zambrano viaxou a París no 1946, mais esta faleceu dous días antes da súa chegada. Alí foi partícipe das vidas de sufrimento que estiveran levando a súa irmá e a súa nai pola dominación naziOrtega Muñoz (2006), p. 85. Coñeceu a Picasso, co que mantivo amizade, e á intelectualidade francesa: Malraux, Sartre e Simone de Beauvoir, entre outros.
En 1949 volveu a México acompañada da súa irmá, onde renunciou á cátedra de Metafísica, volvendo de novo á Habana. Ese mesmo ano regresou a Europa, e catro anos despois encontrouse de novo na cidade cubanaOrtega Muñoz (2006), p. 88. En 1953 as irmás instaláronse en Roma, onde permaneceron ata 1964. Alí coñeceu a Cioran, quen afirmou que Zambrano foi a intelectual máis brillante do século XXOrtega Muñoz (2006), p. 91. Na estancia en Roma tivo dificultades económicas; por iso, o 3 de agosto de 1961 escribiulle a Reyna Rivas, afirmando que levaba tres días sen ter nada que comerOrtega Muñoz (2006), p. 94. Este período marcou a súa madurez intelectualOrtega Muñoz (2006), p. 98, e publicou tres das súas obras fundamentais: El hombre y lo divino (1955), Persona y Democracia (1958) e La España de Galdós (1959).
En agosto de 1964 as irmás Zambrano foron expulsadas de Roma, e viviron dende ese ano ata 1973 en La PièceOrtega Muñoz (2006), p. 105, xunto ao monte do "Xura Francés". O 20 de febreiro de 1972 faleceu a súa irmá a causa dunha trombose. Un ano máis tarde volveu a Roma e do 1974 ao 1978 instalouse en La Pièce de novoOrtega Muñoz (2006), p. 109. En 1979 o seu estado físico fai que se atope incapacitada para a meirande parte das súas funcións. O seguinte ano trasladouse a Xenebra.
O retorno a España En 1981 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. Ademais, o concello de Vélez-Málaga pediu a súa volta á súa cidade natal, ofrecéndolle unha vivenda e axuda para a súa estancia. Foi nomeada Filla Predilecta pola mesma cidade. Dous anos despois, Zambrano caeu enferma con artrose e sen visión e foi hospitalizada por unha forte anemia. En 1984 volveu a España tras case medio século de exilio e instalouse en Madrid; a súa actividade intelectual foi incansable. Concedéuselle o Premio Cervantes e publicou Delirio y destino (1989), ademais de ter outras obras en elaboración, como Los bienaventurados e Los sueños y el tiempo. En 1990, podía manter por días a súa actividade intelectual, pese a non poder manterse en pé ou articular palabra.
María Zambrano faleceu o 6 de febreiro de 1991, sendo trasladada ao seu pobo o día seguinte. Os seus restos descansan xunto cos da súa irmá no cemiterio local de Vélez-Málaga. Na súa lápida, por desexo seu, está inscrito o seguinte texto do Cantar de los Cantares: “Surge, amica mea, et veni” (Levántate, amiga mía, y ven)Ortega Muñoz (2006), p. 128.
Influencias No que respecta aos autores que máis influenciaron a María Zambrano, cabe destacar a relevancia de tres deles: Ortega y Gasset, Miguel de Unamuno e Xavier Zubiri. As súas pegadas vense claramente reflectidas no que a autora chamou a razón poética, cunha analoxía á razón vital de Ortega, evidenciando aínda así as súas diferenzas. Gardou cara Unamuno unha grande admiración, o que fixo que os considerase, tanto a el como a Séneca, os dous paradigmas representativos españois no seu ámbitoOrtega Muñoz (1994), p. 17.
Non obstante, houbo outras personalidades das que a autora se serviu para o desenvolvemento do seu ideario. Na medida en que o seu é un pensamento da época, que parte dun claro vitalismo, Nietzsche ou Bergson foron figuras importantes sobre as cales se valeu para as súas achegas, así como Santo Agostiño, Heidegger ou Séneca. A este dedica a obra El pensamiento vivo de Séneca (1944), un dos seus libros máis importantes.
María Zambrano emprega a tradición filosófica occidental recibida por estes mestres do pensamento e a palabra. A filosofía existencial, fenomenoloxía e vitalista sobre todo, aínda que as súas preferencias foran cara ós gregos Plotino e Spinoza. Pero non só debe ós filósofos a súa forma de pensar senón tamén a autores que pertencen ó ámbito da psicoloxía, mística e a antropoloxía da relixión.
Considerar a María Zambrano como autora "tradicional" farase con precaución porque non hai constancia de que seguise algún tipo de práctica especial, aínda que se consideraba cristiá. Zambrano seguiu fiel a razón indagadora da filosofía occidental herdada dos gregos. Seguiu un camiño aprendido só en parte e cuxa práctica consistía no propio camiñar coa conciencia desperta, atenta os sons dos pasos.
María andou un camiño persoal que o quixo converter en método e propoñelo como tal, quixo describilo mentres o recorría. Ese camiño foi o da razón-poética, a súa forma: a metáfora, a súa posibilidade: a disposición do espírito, a súa materia prima: os símbolos.
María relaciónase coa "filosofía perenne" que sería dobre: por un lado o seu interese por pensadores órficos e neoplatónicos, cuxo pensamento foi aceptado como a base filosófica da tradición cando esta se occidentalizou, e por outro lado, a utilización metafórica de moitos dos grandes símbolos tradicionais. Claros del bosque e Aurora son un claro exemplo disto.
Obra
Obras principais 1930, Nuevo liberalismo (En la cubierta Horizonte del liberalismo). Madrid: Editorial Morata 1939, Filosofía y poesía. Morelia: Universidad Michoacana. 1944, El pensamiento vivo de Séneca. Buenos Aires: Losada. 1955, El hombre y lo divino. México: F.C.E. 1965, España, sueño y verdad. Barcelona: Edhasa. 1967, La tumba de Antígona. México: Siglo XXI. 1977, Claros del bosque. Barcelona: Seix Barral. 1986, De la aurora. Madrid: Turner. 1989, Notas de un método. Madrid: Mondadori. 1989, Delirio y destino. Madrid: Mondadori.
Outras obras 1934, Hacia un saber del alma. 1950, Hacia un saber sobre el alma. 1958 (reeditado en 1988), Persona y Democracia. 1960 (reeditada en 1998), Los sueños y el tiempo. 1965, El sueño creador. 1986, El reposo de la luz. 1989, Para una historia de la piedad. 1990, Los bienaventurados. 2003 (escrito en 1940). Unamuno. 2002 (escrito nos 70). Cartas de la Pièce. Correspondencia con Agustín Andreu.