Manuel Alberto Freire de Andrade y Armijo, nado en Carmona (provincia de Sevilla) o 4 de novembro de 1767 e finado en Madrid o 7 de marzo de 1835, foi un militar e xeneral español da arma de cabalaría, que se distinguiu durante a Guerra de Independencia española.

Traxectoria Logo de combater contra os franceses en Murcia, Granada e Valencia (1810-1812), sucedeu o xeneral Girón no mando do IV Exército español ou Exército de Galicia.Gates, p. 474 Comandando ese corpo, Freire triunfou sobre Soult en San Marcial no ano 1813, o que lle valeu ser condecorado coa Cruz de San Fernando). Posteriormente participou na batalla de Tolosa en 1814, onde a súa división se bateu contra os baluartes franceses da cidadeLongford, p. 420.

Partidario do absolutismo monárquico, Freire foi encargado de coutar o levantamento de Riego en 1820, facéndose tristemente famoso pola represión que ordenou na cidade de Cádiz.

Vida persoal Foi fillo de Francisco Freire de Andrade, militar galego.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Gates, D. (2001): The Spanish Ulcer: A History of the Peninsular War. Da Capo Press 2001. ISBN 978-0-306-81083-2 Longford, E. (1969): Wellington: The Years of The Sword. Nova York: Harper and Row Publishers.

Categoría:Militares da Guerra de Independencia Española Categoría:Nados en Carmona Categoría:Nados en 1767 Categoría:Finados en 1835