San Vicenzo dos Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz, a sete quilómetros da vila en dirección nordeste. En 2012 tiña unha poboación de 574 habitantes (278 homes e 296 mulleres).

O topónimo Vilares procede do latín , referido a unha casa de campo, granxa ou poboación. A advocación da parroquia é na honra de San Vicenzo. Pertence á diocese de Mondoñedo e xa tiña curato no século X.

Patrimonio A igrexa de San Vicenzo dos Vilares ten no seu adro un calvario de finais do século XVIII da autoría de Felipe de Sá, canteiro da veciña parroquia de San Salvador de Parga.

Festas O sábado e o domingo máis próximos ao 22 de xaneiro celébrase a festa do seu patrón, San Vicenzo, e o domingo e o luns de Pascua celébrase unha festa en honor á Virxe dos Desamparados. Despois da misa sae a procesión polo adro e dá a volta ó redor do seu calvario. O segundo domingo de agosto celébrase na carballeira do Cancelo a Romaría Labrega da Chaira.

Cultura Na aldea do Vilariño desta parroquia naceu en 1914 o poeta Xosé María Díaz Castro, autor de Nimbos; no lugar do Pazo, preto da igrexa e ó lado dun cruceiro, ten un busto en granito feito por Raúl Río Díaz.

En 2016 levouse a cabo o proxecto Os Vilares, lareira de soños, coa publicación dun libro e un documental.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares dos Vilares

Parroquias de Guitiriz

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Guitiriz

Categoría:Parroquias de Guitiriz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía