Xoán Cuveiro Piñol, nado na Coruña o 28 de maio de 1821 e finado en Valladolid o 13 de maio de 1906Necrolóxica en El Norte de Galicia, 26-7-1906, p. 1., foi un militar, funcionario, libreiro e escritor galego.
Traxectoria miniatura|Diccionario gallego, el más completo en términos y acepciones de todo lo publicado hasta el día, con las voces antiguas..... Militou no Partido Progresista e participou na revolución de 1846, polo que recibiu a cruz de Valor e Constancia. Foi funcionario de Facenda en Valladolid e Pontevedra, onde traballou de libreiro, especialmente cando o cesaron os gobernos moderados (1848 e 1867). Integrouse dentro da ideoloxía rexionalista. Emigrou para Cuba, onde estreou a súa obra Pedro Madruga: drama hestóreco nun auto e tres coadros en verso (1897). Aínda que polo título semella que a obra xira en torno á figura de Pedro Álvarez Soutomaior (Pedro Madruga), este drama está baseado sobre todo nunha historia de amor, de maneira que a figura de Pedro Madruga perde protagonismo.
Tamén é autor de poemas, do estudo sobre a lingua galega El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes (1868), dun Diccionario gallego (1876), a versión galega dunha biografía de Calderón de la Barca editada en Granada en 1881 (en colaboración con Vicente Gutiérrez Piñeiro) e Iberia: protohistoria y rectificaciones de algunos hechos históricos (1891).
Promoveu e dirixiu as publicacións pontevedresas Las Musas del Lérez, El Libre Pontevedrés e El Progreso, colaborou en A Monteira e Revista Gallega e nas pontevedresas El Circulador, La Distracción, El Vociclero, La Opinión e La Revista.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Literatura galega do Rexurdimento Literatura galega do período intersecular
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1821 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Dramaturgos do século XIX