O 4 de setembro é o 247º día do ano do calendario gregoriano e o 248º nos anos bisestos. Quedan 118 días para finalizar o ano.

Acontecementos 476 - Odoacro depón ao emperador romano Rómulo Augústulo; considérase a este suceso como a caída do Imperio Romano de Occidente, e o fin da Idade Antiga na civilización occidental. 1479 - Sinatura do Tratado de Alcáçovas entre Portugal e Castela. 1495 - Lope Gómez de Marzoa funda o Estudio de Gramática no Convento de San Paio de Antealtares, xermolo da Universidade de Santiago de Compostela. 1781 - Fundada a cidade dos Ánxeles (California) co nome El Pueblo de Nuestra Señora La Reina de los Ángeles de Porciúncula 1870 - En Francia é deposto o emperador Napoleón III e proclamada a Terceira República. 1886 - Nos Estados Unidos, Gerónimo réndense coa súa tribo ao exército estadounidense. 1888 - George Eastman patenta o primeiro rolo de película e rexistra a marca Kodak. 1908 - O rei Afonso XIII concede a Ponferrada (León) o título de cidade. 1910 - Comeza a publicarse na Habana a revista Suevia. 1936 - Cae en España o goberno de José Giral; Largo Caballero forma novo goberno, do que exclúe os anarquistas. 1936 - Irún é conquistado polas tropas golpistas do xeneral Mola. 1945 - Tropas do Xapón réndense na illa Wake após recibiren a noticia da rendición do seu país, na segunda guerra mundial. 1986 - Iasir Arafat acepta a Resolución 242 da ONU que supón o recoñecemento implícito do dereito á existencia do Estado de Israel.

Nacementos miniatura|100px|Anton Bruckner. 1768 - François Chateaubriand, escritor e político francés (m. 1848). 1824 - Anton Bruckner, compositor e organista austríaco (m. 1896). 1861 - Ambrosio Feijoo Pardiñas, militar galego (m. 1961). 1892 - Darius Milhaud, compositor francés (m. 1974). 1896 - Antonin Artaud, escritor e actor francés (m. 1948). 1906 - Max Delbrück, biofísico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía o Medicina (m. 1981). 1913 - Stanford Moore, bioquímico estadounidense, Premio Nobel de Química. (m. 1982). 1934 - Clive William John Granger, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía (m. 2009). 1952 - Xabier Correa Corredoira, pintor, gravador e escultor galego. 1960 - Kim Thayil, músico estadounidense. 1981 - Beyoncé, cantante estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Valentín Lamas Carvajal. 1037 - Vermudo III, rei da Galicia altomedieval, morto na batalla de Tamarón. 1207 - Raimbaut de Vaqueiras, trobador provenzal. 1813 - James Wyatt, arquitecto inglés (n. 1746). 1906 - Valentín Lamas Carvajal, escritor e xornalista galego (n. 1849). 1907 - Edvard Grieg, pianista e compositor noruegués (n. 1843). 1916 - José Echegaray Eizaguirre, escritor español, premio Nobel de literatura (n. 1832). 1936 - Honorio Maura Gamazo, escritor e político español (n. 1886). 1936 - Bernardo Mato Castro, mestre galego (n. 1887). 1936 - Manuel Pedreira Pazos, mestre e político galego (n. 1891). 1959 - Manuel Fernández Boado, avogado e político galego. 1963 - Robert Schuman, un dos artífices da creación da Unión Europea (n. 1886). 1965 - Albert Schweitzer, médico e misioneiro francés, Premio Nobel da Paz (n. 1875). 1989 - Georges Simenon, escritor francés (n. 1903). 1997 - Aldo Rossi, arquitecto italiano (n. 1931). 2010 - Olga Gallego, historiadora e arquiveira galega (n. 1923) 2025 - Giorgio Armani, deseñador de moda e empresario italiano (n. 1934).

Festas e celebracións

Outros Santoral: Santa Rosalía.

Os 366 días do ano - Notas

04