Para a semente de cebola, ou cebola nova (cebolo), véxase artigo cebola.

O ceboliñoNome vulgar galego en "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004 Allium schoenoprasum, tamén coñecido polo seu nome francés ciboulette, é unha herba da familia das aliáceas, da que se utilizan só as follas picadas como herba aromática; o seu bulbo, ten un sabor moi semellante ao da cebola común mais de menores dimensións e que non se consome (Diferéciase da cebola chinesa que é de maior dimensión, incluso chegando a duplicala en tamaño, da que se utiliza o bulbo mais non a folla).

Distribución e variedades miniatura|Flor miniatura|Sementes O ceboliño é orixinario do extremo norte, as terras que hoxe forman parte do Canadá e Siberia. Introduciuse ao resto de Europa como herba de cociña e aromática, mais só raramente se naturalizou. Onde medra de xeito bravo pode acharse nos beirís dos camiños ou nas vías do camiño de ferro; acostuma atoparse deste xeito na variedade: A. schoenoprasum var. sibiricum, variedade máis robusta e alta.

Cultivo O ceboliño prefire localizacións asolladas e solos húmidos, lixeiramente arxilosos. Medra dende o nivel do mar até os 2.500 msnm. É resistente ás xeadas, e resulta pouco afectado polas pestes e predadores animais, aos que repele a alicina.

Pode verse afectado por fungos fitopatóxenos como roias (Puccinia allii, Puccinia porri), Botrytis sp, e algunhas especies de fusarium, outras pragas inclúen algunhas especies de trips e larvas de coleópteros nas raíces.

Pode cultivarse a partir de semente de xeito doado, ou pola división do bulbo coas raíces logo da súa extracción. Comercialízanse só as súas follas agás no norte da Arxentina que, por mor á súa facilidade de produción, se consegue a planta completa.

Composición O ceboliño é rico en vitamina A, B e C (da que contén até 130,5 mg por 100 gramos de herba fresca). A súa achega proteica e lipídica é escasa, de só 27 kCal/100 g.

A alicina que contén é un potente axente antibacteriano, e pode usarse topicamente coma desinfectante e funxicida, aínda que resulta menos efectiva có allo e a cebola pola súa inferior concentración.

Taxonomía Allium schoenoprasum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 301. 1753.Allium schoenoprasum L. en PlantList Etimoloxía Allium: nome xenérico moi antigo. As plantas deste xénero eran coñecidas tanto polos romanos coma polos gregos. Porén, parece que o termo ten unha orixe celta e significa "queimar", en referencia ao forte fedor adre da planta.Giacomo Nicolini, Enciclopedia Botanica Motta. Volume primo, Milán, Federico Motta Editore, 1960, pag. 76. Un dos primeiros en utilizar este nome para fins botánicos foi o naturalista francés Joseph Pitton de Tournefort (1656-1708).

schoenoprasum: epíteto Variedades Allium schoenoprasum subsp. gredense (Rivas Goday) Rivas Mart., Fern.Gonz.& Sánchez Mata Allium schoenoprasum subsp. latiorifolium (Pau) Rivas Mart., Fern.Gonz.& Sánchez Mata Allium schoenoprasum subsp. schoenoprasum Sinonimia Allium acutum Spreng. Allium alpinum Hegetschw. Allium buhseanum Regel Allium coloratum Dulac Allium foliosum Clarion Allium gredense Riv.Mateos Allium montanum Schrank in Schrank & K.Moll Allium palustre Pourr. ex Lag. nom. illeg. Allium purpurascens Losa Allium raddeanum Regel Allium reticulatum Wallr. nom. illeg. Allium riparium Opiz Allium schoenoprasum subsp. alpinum (Hegetschw.) Nyman Allium schoenoprasum subsp. alpinum Celak. Allium schoenoprasum subsp. pumilum (Bunge) K.Richt.Allium schoenoprasum subsp. riparium Celak. Allium schoenoprasum subsp. sibiricum (L.) K.Richt. Allium schoenoprasum subsp. sibiricum Hayek & Markgr. Allium schoenoprasum var. alpinum Cariot & St.-Lag. Allium schoenoprasum var. pumilum Bunge Allium schoenoprasum var. riparium Celak. Allium schoenoprasum var. schoenoprasoides Briq. nom. illeg. Allium tenuifolium Salisb. nom. illeg. Ascalonicum schoenoprasum (L.) Renault nom. inval. Cepa schoenoprasum (L.) MoenchCepa tenuifolia Gray nom. illeg.Porrum schoenoprasum (L.) Rchb. Schoenissa rosea Salisb. Schoenissa schoenoprasum (L.) Salisb. Schoenoprasum vulgare Fourr.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Flora of China Editorial Committee. 2000. Fl. China 24: 1–431. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Flora of North America Editorial Committee, e. 2002. Magnoliophyta: Liliidae: Liliales and Orchidales. 26: i–xxvi, 1–723. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Grayum, M. H. 2003. Alliaceae. In: Manual de Plantas de Costa Rica, B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 92: 43–45. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Outros artigos Chalota Cebola común

Categoría:Allium Categoría:Plantas medicinais Categoría:Hortalizas Categoría:Herbas aromáticas Categoría:Plantas descritas en 1753